Venres. 19.04.2024
El tiempo

Ponteceso saíu a camiñar na noite

Javier Couto na saida noctuna de Ponteceso
Javier Couto na saída noctuna de Ponteceso
Ponteceso saíu a camiñar na noite

Fermosa a noite do pasado venres 3 de xullo en Ponteceso, cunha imponente lúa case chea, a que puideron disfrutar as 23 persoas que participaron na primeira saída da iniciativa “Camiñar na noite”. Guiados polo técnico de Turismo, Javier Couto, e escoltados por Protección Civil, puideron coñecer os segredos que mellor acubilla a vila de Pondal.

Clara Amado na saida nocturna de Ponteceso
Clara Amado deu o pistoletazo de saída

Mantendo os protocolos de seguridade, antes da saída da ruta, Clara Amado interpretou no lugar de inicio a canción “Aleluya”. Tras esta interpretación, os camiñantes dirixíronse cara á Fundación Pondal, onde realizaron a primeira parada e foron recibidos polo grupo de gaitas “Xa Era Hora”.

Tras isto, dirixíronse ao conxunto etnográfico e natural de A Brixería como segunda parada, desde onde partiron cara a igrexa de San Bernardo da Graña. Alí, os asistentes degustaron un delicioso chocolate. Finalmente, a ruta rematou na praza do Recheo.

Caminar na Noite

Máis información

Comentarios