Ponteceso segue buscando solución ás inundacións
08:11 21/09/16
Membros da comisión de afectados e o alcalde de Ponteceso visitaron as inmediacións do río Mero en Cambre
En Ponteceso continúan a buscar solucións para evitar as inundacións. Así onte, varios membros da comisión apolítica de veciños afectados - Miguel Cousillas, Alfonso Romar e Ramón González - desprazáronse xunto co alcalde pontecesán - Lois Carballido - ata as inmediacións do río Mero - en Cambre - onde un técnico lles explicou in situ as actuacións levadas a cabo para frear as riada que padecían na zona.
Segundo indican dende a comisión de afectados, o seguinte paso é encargar un estudo para "levalo aos organismos competentes para probablemente o seguinte verán acometer as obras necesarias para evitar novas inundacións", sinalan.
Nos vindeiros días a comisión convocará aos afectados polas inundacións dos pasados meses de xaneiro e marzo co fin de poñelos ao corrente da situación.
Novas relacionadas
- 29-06-16: Ponteceso busca compromiso para reparar a ponte da Garga
- 03-06-16: A comisión apolítica de veciños afectados polas inundacións de Ponteceso esixen axudas no Parlamento
- 14-06-16: A limpeza do río Anllóns será a primeira medida para evitar as enchentes en Ponteceso
- 06-04-16: Unha comisión de afectados intermedia na solución das inundacións en Ponteceso.
- 08-01-16: O primeiro temporal de 2016 en imaxes.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).