Ponteceso volve acoller o Certame Internacional de Pintura ‘Fernando Álvarez de Sotomayor’

O vindeiro 28 de xullo recibirá Ponteceso ducias de artistas de todo o estado para o Certame Internacional de Pintura ao Aire Libre ‘Fernando Álvarez de Sotomayor’, que se realiza cada dous anos no municipio.
O concurso, que terá lugar o vindeiro domingo, 28 de xullo, conta cunha gran sona en toda Galicia, España e mesmo Europa, que nesta edición reparte ata 12.600 euros en premios.
O rexedor quixo darlle as grazas “á familia Álvarez de Sotomayor pola súa implicación á hora de levar a cabo este proxecto, que se está a converter en todo un referente en Galicia en materia de arte e que ademais, promove a creación artística en Ponteceso e en toda a Costa da Morte”.
A concelleira de Cultura, Raquel Fondo, quixo “convidar a todas as persoas interesadas a participar neste certame, que serve como un gran elemento dinamizador e que atrae a artistas que serven como exemplo para os mozos e mozas do noso municipio á hora de desenvolver as súas carreiras no mundo da pintura”.
A organización aceptará un máximo de 100 persoas participantes maiores de idade por orde rigorosa de inscrición. A execución, o estilo e a técnica serán libres e a súa temática xirará exclusivamente ao redor do Concello de Ponteceso, con espazos determinados pola propia organización.
As persoas interesadas en participar deben preinscribirse a través do formulario web