Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A oposición critica que a inacción do Concello provoca que a Escola Infantil de Ponteceso estea sen teléfono nin internet

A Galiña Azul está sen servizo telefónico despois de que o Concello non aboara durante meses as facturas, segundo o PP
Escolina Galiza Azul Ponteceso
A oposición critica que a inacción do Concello provoca que a Escola Infantil de Ponteceso estea sen teléfono nin internet

A través das redes sociais e das queixas das familias, enteirouse a oposición de que a Escoliña da Galiza Azul de Ponteceso leva semanas sen internet en sen teléfono.

Así o denuncian hoxe o PP de Ponteceso, e os edís non adscritos, lamentando que a infraesturura está sen servizo telefónico polo impago das facturas por parte do Concello. Deste xeito, os pais non teñen xeito de comunicarse coas profesoras e, no caso en que ocorra algunha cuestión urxente, teñen que botar man dos teléfonos particulares dos traballadores e traballadoras para poder contactar. Igualmente, as mestras non poden acodir á rede para buscar contidos que lle ofrecer ás crianzas.

“Está claro que un equipo en minoría e sen dedicación de ningún tipo ao Concello non pode gobernar máis tempo o noso pobo”, asegurou o portavoz popular, Daniel García Cotelo, que tamén critica a "pasividade" da concelleira Maite Chouciño (responsable da área de educación)

Ante a “inacción do alcalde”, populares e non adscritos reiteran a súa petición de “responsabilidade” ao PSOE provincial e mesmo ao PSdeG, pois “son os responsables de que Ponteceso estea nesta situación”.

Comentarios