Martes. 19.03.2024
El tiempo

O PP de Ponteceso presenta un POS consensuado cos concelleiros da oposición

Estado das berairruas de Ponteces
Estado das berairruas de Ponteces
O PP de Ponteceso presenta un POS consensuado cos concelleiros da oposición

Dias de máxima tensión municipal en Ponteceso ante a máis que previsible perda de 750.000€ do POS da Deputación. Goberno e oposición gastan os seus últimos cartuchos para salvalo. Se Carballido mantiña unha reunión con APIN e solicitaba xuntarse co PP, o voceiro do PP que pide como único aval a dimisión do alcalde, vén de anunciar a presentación da súa proposta.

García Cotelo levará á comisión deste venres, unha proposta (consensuada cos 5 concelleiros non adscritos, pero sen resposta de APIN), dun POS que “inclúe obras, pago a proveedores, incremento de horas no SAF e mantemento do plan de emprego”.

En concreto propoñen a construción de beirarrúas desde a praza do Recheo ata o cruzamento da Trabe, así como o abastecemento de auga potable á localidade de Langueirón ou a mellora da pista de Nemeño a Os Ánxeles. De igual modo, están previstas melloras na depuradora de augas residuales de Pazos.
En canto ao pago a proveedores, desde o Partido Popular aseguran que o POS servirá para abonar todas as facturas pendentes, tanto as actuais como “esas de persoas que levan 6 anos esperando porque Lois García Carballido obrigoulles a reclamar por vía xudicial o pago”.
Ademais, tamén inclúe o incremento de horas do Servizo de Axuda non Fogar e o mantemento de todas as prazas do plan de emprego.

En todo caso, os populares insisten en que ”Lois García Carballido debe abandonar a alcaldía e deixar traballar á maioría da corporación”.

Novas relacionadas

Comentarios