A praia de Balarés terá novo aparcadoiro

A Deputación vén de adquirir 34.000 metros dunha parcela sen afeccións ambientais preto da praia de Balarés para realizar un aparcadoiro. Unha obra necesaria para facilitar o estacionamento e garantir a seguridade, pois en pleno verán a zona convírtese nun verdadeiro caos.
O aparcadoiro poderá recibir 300 vehículos e eliminará o tráfico rodado da vía de entrada á praia. A intervención completarase coa construción dunha senda peonil entre o aparcadoiro e a area de lecer que vai discorrer polo vial municipal de entrada ás casas deste núcleo, para garantir tamén a seguridade viaria das persoas usuarias no seu traxecto ata a área.
O investimento pola compra da parcela ronda os 81.000 € e a intervención posterior para a construción do aparcadoiro terá un orzamento duns 250.000 €.