luns. 15.09.2025
El tiempo

O IES Eduardo Pondal impulsa a formación dual en Construción cun ciclo con gran saída laboral

FP Construcion
O IES Eduardo Pondal impulsa a formación dual en Construción cun ciclo con gran saída laboral

O IES Eduardo Pondal de Ponteceso oferta o Ciclo Medio de Construción na súa modalidade dual, unha ensinanza que combina a formación no centro educativo coa aprendizaxe práctica en empresas punteiras do sector. Actualmente hai 9 alumnos matriculados, mais aínda quedan prazas dispoñibles. O prazo de matrícula estará aberto ata o 26 de setembro, polo que desde o centro anímase á cidadanía a aproveitar esta oportunidade de formarse nun dos sectores con maior proxección laboral.

A presentación oficial do ciclo terá lugar o martes 16 de setembro ás 10:10 horas. O alumnado será recibido polo profesorado do ciclo e polo equipo directivo. Cómpre lembrar que o luns previo será festivo local en Ponteceso. O alumnado deste ciclo realizará a súa formación práctica en empresas de referencia da comarca como Casas Cube, VAYRE Integral Services, S.L., Vipecon Galicia SL, Construcciones Mouzo Souto SL e Esqueiro SL, compañías que garanten unha aprendizaxe adaptada ás necesidades reais do mercado. 

Máis novas da FP

 

 

Comentarios