Luns. 29.04.2024
El tiempo

“É necesario visibilizar o turismo ornitolóxico como unha proposta para desestacionalizar o turismo na Costa da Morte”

Novemares na Fundacion Eduardo Pondal
Novemares na Fundacion Eduardo Pondal
“É necesario visibilizar o turismo ornitolóxico como unha proposta para desestacionalizar o turismo na Costa da Morte”
“É necesario visibilizar o turismo ornitolóxico como unha proposta para desestacionalizar o turismo na Costa da Morte”

Nova xornada de reflexión colectiva a través do proxecto NoveMares. A Fundación Eduardo Pondal acollía unha nova sesión para afondar na cultura mariñeira da Costa da Morte, e neste caso, a súa relación coa natureza, en especial con aqueles elementos que a caracterizan e as aves é un deses elementos que representan con forza a imaxe do traballo mariñeiro e marisqueiro.

”O turismo cultural de natureza medra e o ornitolóxico máis”, apuntou Xabier Vázquez Pumariño, no seu relatorio sobre Turismo Ornitolóxico. En Galicia hai 400 rutas de turismo ornitolóxico e na Costa da Morte temos 4 sinaladas, ademais da que se realizan en barco. Sitios ideais como os Cabos (Touriñán e Roncudo), Lagoa de Traba, Illas Sisargas, Esteiro de Ponteceso, Lagoa de Baldaio.

Pero é necesario visibilizar o turismo ornitolóxico como unha proposta para desestacionalizar o turismo na Costa da Morte. É unha oportunidade como iniciativa para o desenvolvemento azul sostible”, reivindicou.

Deixaron claro que o primeiro paso para promocionar a ornitoloxía é coidar o recurso, o patrimonio natural da Costa da Morte: frear o deterioro ambiental, o lixo mariño, a contaminación... ata as molestias que poden causar o cans soltos en espazos naturais (praias). Tamén aumentar o territorio ZEPA na Costa da Morte (en Galicia temos un 2% frente a un 28 % de Extremadura).

Propoñen tamén apostar pola educación ambiental desde as escolas á poboación en xeral. Crear e asentar unha cultura ambiental que reforce e valore a Costa da Morte. Tamén facer divulgación entre os axentes locais (hostalaría, restauración, comercios, ...) para que poñan en valor o avistamento de aves como unha peculariedade da Costa da Morte, un recurso máis do territorio entre os visitantes.

Pumariño explicou a necesidade de andar e mergullarse na natureza e puxo os exemplos dos viaxeiros máis interesados nestes turismo: os procedentes do Reino Unido en xeral en España, e os nórdicos en Galicia. “Veñen ver aves mariñas, aves invernantes (viven boa parte no norte de Europa) pero o que máis chama a atención son as chamadas rarezas, que son aves que están fóra de lugar. Entre estas están a gaivota de sabine ou a gaivota de america/filadelfia que no inverno podemos ter 14 especies de gaivotas mentres que no resto de España non ten esta variedade”, explica. Outro exemplo é o Paíño de wilsorf é o único sitio para observalo en Europa é Galicia, en barco, e tamén na Costa da Morte.

Propoñen fomentar o uso da plataforma web ebird.org, que axuda no coñecemento e a divulgación das aves moi interesante, e está baseado na ciencia cidadá, calquera persoa pode apoiarse nesta plataforma cidadá para subir e obter información, facer un seguimento, localización, .... onde e cando velas, etc e na Costa da Morte tamén.

Máis novas

Comentarios