mércores. 30.04.2025
El tiempo

O PSOE homenaxeará ás mulleres alcaldesas

Paula Alvarellos alcaldesa de Lugo
Paula Alvarellos, alcaldesa de Lugo, é natural de Ponteceso
O PSOE homenaxeará ás mulleres alcaldesas

Somos na Costa da Morte exemplo da evolución da presenza feminina ao mando das administracións. A día de hoxe temos 5 alcaldesas (Camariñas, Cee, Fisterra, Muros e Vimianzo) na Costa da Morte, un fito histórico en Galicia.

E co obxectivo de reivindicar as políticas de igualdade impulsadas polo PSOE na Lei de Igualdade de Zapatero, o PSdeG-PSOE Provincial da Coruña e a Agrupación Socialista de Ponteceso organizan un acto de homenaxe ás alcaldesas socialistas

Un acto que ¡erá lugar o xoves 12 de setembro en Ponteceso, na terraza do Néboa Chill Out da praza do Relleno, xunto á casa natal de Eduardo Pondal, e comezará ás 18:00 da tarde. Nel farase un recoñecemento especial á alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, nada en Ponteceso.

O acto contará coa intervención de diversas concelleiras e alcaldesas socialistas galegas. As concelleiras locais Noelia Varela e Chelo Martínez darán a benvida ao acto, dando paso á rexedora de Bergondo, Alejandra Pérez, e á de Vimianzo, Mónica Rodríguez.

A continuación intervirá Ángeles Novo, concelleira de Muller, Inclusión e Igualdade en Lugo. Rematará a xornada coa alcaldesa de Lugo de orixe pontecesá Paula Alvarellos.PSOE PONTECESO homenaxe alcaldesas

Comentarios