Venres. 19.04.2024
El tiempo

Recuperando os vieiros de Titania

Recuperando os vieiros de Titania
Imaxe de operarios na mina de caolin Titania SL

Baixo o título "Conciencia do noso pasado", o concello de Ponteceso, coa colaboración da Fundación Eduardo Pondal, desenvolve desde onte 15 ata o domigo 28 de xullo un campo de traballo co que se pretende recuperar os vellos camiños que levaban á antiga mina de Valarés Titania S.A.

Un campus no que participarán 17 voluntarios, especialistas en diferentes disciplinas e chegados de todas partes do planeta como Arxentina, Rusia, Francia, República Checa ou Turquía ou Coruña, Valencia, Badaxoz, Murcia, Sevilla e Burgos.

A actividade principal deste campo de traballo será a recuperación dos camiños que levaban á antiga mina de titanio que desenvolveu un importante papel económico na Ponteceso da primeira metade do século XX. Os labores son limpeza e desbroce das sendas, sinalización das mesmas, pequenas recuperacións patrimoniais e creación de espazos de interese. Estas sesións de traballo desenvolveranse unicamente pola mañá.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Ponteceso.

Comentarios