Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Rematadas as melloras dos accesos do parque empresarial de Tella

Visita ao Poligono de Tella
Rematadas as melloras dos accesos do parque empresarial de Tella

Achergábase unha delegación da Xunta de Galicia onte a Ponteceso, para ver o resultado das obras de mellora dos accesos ao parque empresarial Tella, na súa primeira fase, realizadas ao abeiro da orde de mellora de parques empresariais do ano pasado.

As obras consistiron en melloras na estrada AC-419 no tramo que une o núcleo urbano de Ponteceso co parque empresarial de Tella para permitir unha circulación segura dos viandantes e ciclistas e ademais para incentivar un traspaso de usuarios de vehículos por opcións máis verdes e limpas.

Gonzalo Trenor lembrou que hai unhas axudas convocadas destinadas á mellora dos parques empresariais galegos, co obxectivo de renovar e modernizar estas infraestruturas, favorecer a creación de novas compañías e empregos, así como impulsar a competitividade do tecido empresarial galego.

Comentarios