Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Retirados en menos dunha semana tres vertedoiros incontrolados en Ponteceso

Retirados en menos dunha semana tres vertedoiros incontrolados en Ponteceso
vertedoiro-incontrolado-ponteceso Esta semana limpouse no Roncudo un vertedoiro con electrodomésticos, neumáticos e refugallos de todo tipo O concello de Ponteceso vén de eliminar, no que vai de semana, tres vertedoiros incontrolados que se localizaron nas parroquias de Corme, Xornes e Pazos. "Lamentablemente, este tipo de accións incívicas son habituais", sinalan dende o goberno municipal polo que o concelleiro de Limpeza e Servizos - José Luis Pena Romay - fai un chamamento á colaboración veciñal tanto para informar sobre a presenza de vertedoiros como sobre posible autoría destas accións ilegais. "Só así será posible, por exemplo, saber quen é a persoa que practicamente a diario arrebola unha bolsa de lixo desde o coche nunha finca situada na estrada de Riotorto a Bardaio", indican desde o concello de Ponteceso. vertedoiro-incontrolado-corme Esta semana, retirouse nun camiño forestal de Xornes vertidos procedentes dunha reforma Tanto aquí, como no resto dos municipios da comarca, hai lugares que son utilizados como vertedoiros case por costume. Precisamente a semana pasada, viamos as imaxes dun situado en Coristanco e que, probablemente, sexa o máis grande da Costa da Morte. Outro exemplo, ainda que a menor escala, está na aldea pontecesana do Roncudo, da que se retiraron esta semana todo tipo de electrodomésticos e tamén bolsas de lixo que, curiosamente, estaba separado en orixe. Noutros casos trátase de accións puntuais, como semella que ocorreu en Xornes, onde foron atopados nun camiño forestal restos dunha reforma. Dende as concellarías de Limpeza e Servizos e Medio Ambiente de Pontceso lembran a existencia dun punto limpo a disposición de toda a veciñanza. O servizo, situado no polígono industrial de Tella, está precisamente orientado á recollida de materiais voluminosos de uso particular, como electrodomésticos, colchóns, mobles ou restos de pequenas reformas domésticas. O punto limpo está aberto de luns a sábado en horario de 10:00 a 13:00, e de xoves a sábado tamén de 15:00 a 18:00 horas. Os veciños e veciñas tamén teñen ao seu servizo o punto limpo móbil, que se despraza todos os luns a domicilio para recoller os residuos. As persoas interesadas só teñen que chamar con anterioridade ao número de teléfono 981 718 253.

Fotodesfeitas

Podes enviarnos a túa fotodesfeitas a [email protected] ou a través do noso Facebook:

Fonte

 

Comentarios