Xoves. 14.11.2019
El tiempo

Sabroso e variado menú cultural para o gran Festiletras 2016

Sabroso e variado menú cultural para o gran Festiletras 2016
Festiletras 2016-Fundacion Eduardo Pondal-Programa

Xa temos o programa da meirande festa cultural das Letras Galegas da Costa da Morte e parte do estranxeiro galego. O Festiletras volverá encher da mellor cultura posible a aldea do Couto, da man da Fundación Eduardo Pondal e as activas Asociacións do lugar. Grandes nomes, coma sempre, achegaranse a Bergantiños para compartir o amor polo saber galego.

Isabel Blanco, Carlos Núñez, Fina Casalderrey, Xosé Luís Rabuñal Patiño (os 4 recibirán os Premios “Bos e Xenerosos” 2016), Guadi Galego (que repetirá presenza), Davide Salvado, Viki Rivadulla, Óscar de Souto, Concha Blanco, Diana Varela, Xelucho Abella, María Canosa, Tino Baz, Xosé Vizoso, Quico Cadaval, Bieito Romero, Silvia Facal, Rafa Varela, Sés, Uxía Senlle, Maxín Blanco, Oli Xiráldez, Carlos Blanco, Caxade, Cé Pantasma, Xosé Touriñán, Marcos Pereiro… Son moitos dos nomes que dan conta da potencia deste programa, que convirte unha pequena aldea de 90 casas na capital das Letras.

Como vedes, haberá de todo no programa. Pintura, cómic, música, literatura, poesía, gastronomía, contos, ornitoloxía… facendo unha ola de saberes que rematan nun inmellorable e saboroso plato cultural.

Este é o programa que abrangue dende o domingo 15 ao 22 de maio de 2016, tendo en conta que na sé da Fundación estarán abertas as exposicións de Viki Rivadulla “Ser outra cousa”(pintura) e ”Matria”(escultura):

Programa do Festiletras 2016

DOMINGO 15 DE MAIO INAUGURACIÓN NA FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL
  • 12.30 h. Ofrenda floral
  • 12.35 h. Himno de Galicia. Coral a Oliveira de Monte Branco.
  • 12.40 h. Entrega dos premios "Bos e Xenerosos". ISABEL BLANCO, CARLOS NÚÑEZ, FINA CASALDERREY E XOSÉ LUÍS RABUÑAL.
  • Presenta. Patricia Blanco.
  • 13.00 h. GUADI GALEGO
NA CASA DOS VECIÑOS
  • 17.00 h. O CARRO. Corais de Cecebre, Cesullas, Corme e O Couto.
  • 19.00 h. MINI E MERO
  LUNS 16 DE MAIO NA CASA DOS VECIÑOS
  • 10.00-13.30 h. CONVIVENCIA ESCOLAR: CIENCIAS, LETRAS E ARTES. Alumnado do CEIP EDUARDO PONDAL. [email protected]: DAVID BALLESTEROS, TAMARA LEMA, Mª XOSÉ POUSA, RICARDO PÉREZ. ODAIKO PERCUSIÓN
NA FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL
  • 18.00 h. Clase maxistral de DAVIDE SALVADO
  • 20.00. Inauguración das exposicións de Vicki Rivadulla “Ser outra cousa” (pintura) e “Matria (escultura) ESCOITO CISNES:Recital poético aberto coordinado por Óscar de Souto.
NA TABERNA  AGRA DE MARES
  • 22.00 h. FOLIADA: O SON DO CASTRO, FARRAPOS  E  A OLIVEIRA. E Degustación gastronómica.
  MARTES 17 DE MAIO  NA FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL
  • 11.00 h. III Premio de Poesía Infantil Eduardo Pondal. [email protected]: CONCHA BLANCO, DIANA VARELA, XELUCHO ABELLA E MARÍA CANOSA.
NA TABERNA AGRA DE MARES
  • 13.00 h. Sesión Vermú con TINO BAZ
NA CASA DOS VECIÑOS
  • 17.00-19.00 h. Iº CERTAME DE TEATRO INFANTIL XOSÉ NEIRA VILAS. Para as Aulas municipais de teatro de MALPICA, PONTECESO, CABANA e LAXE. RECREO e Obradoiro de caricatura con XOSÉ VIZOSO
  • 20:00 COMO QUEN DIS… Monólogo de QUICO CADAVAL Donativo: 3 euros.
  MÉRCORES 18 DE MAIO
  • 11.30 a 16.30 h. "VAL NATIVO" - ROTEIRO PONDALIANO. Casa de Pondal, Observatorio de Aves, Monte Branco e Valarés. [email protected]: Cpi de Bembibre.
NA FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL
  • 17.00 a 20.00 h.CAFÉ DA MEMORIA: Obradoiro da memoria colectiva "Os traballos das mulleres". Coordina: Olalla Villaronga
NA FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL
  • 21.00 h. PETISCOS MUSICAIS CON BIEITO ROMERO e A MUNDIÑA: Silvia Facal e Rafa Varela. Entrada gratuíta. Aforo limitado.
  XOVES 19 DE MAIO NA FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL
  • 12.00 h. HOMENAXE A MANUEL MARÍA. Maio de 1983. Casa dos Veciños.Miguel Mato.Recital poético da mocidade Alumnado do IES de Ponteceso
NA CASA DOS VECIÑOS
  • 17.00. "Os vellos non deben de namorarse" de FANTOCHES BAJ
  • 18.00. Salón de Baile cos GAITEIROS DO CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO.Chocolates “Mariño” e roscón de Brantuas.
NA FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL
  • 21.00 h. PETISCOS MUSICAIS: TALABARTE + ARTABRIA: Irmáns Mato Bermúdez. Entrada gratuíta. Aforo limitado.
  VENRES 20 DE MAIO NA FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL
  • 10.30-12.30 h. "Festival dos soños". Escolares de Malpica, Ponteceso, Cabana e Laxe. "Todo me fala de ti" Espectáculo musical de UXÍA SENLLE e MAGÍN BLANCO.
  • 17.00 h. CARAMONIÑA. Aldeas creativas. Obradoiro de Maios a cargo de OLI XIRÁLDEZ
CASA DOS VECIÑOS
  • 23.00 h.  Monólogos de CARLOS BLANCO.. Donativo: 3 euros.
  SÁBADO 21 DE MAIO Na ALDEA DO COUTO
  • 10.00-14.00 h. Os Maios percorren a aldea con  Oli Xiráldez
NA FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL
  • 10.30-12.00 h. IIIº Encontro de Aldeas Singulares Panel de experiencias
  • 12.30-14.00 h. Buscando Ardebullo
NA FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL
  • 17.00-20.00 h. COVA CÉLTICA:Encontro de [email protected]Obradoiro de treboada con Oli Xiráldez.
ALDEA DO COUTO
  • 20.00 h. As vésperas.  Pasarrúas INLLAR e Treboada.
NA CASA DOS VECIÑOS
  • 23.00 h. Concerto de SÉS. Donativo: 3 euros.
  DOMINGO 22 DE MAIO Mañá
  • Feira da artesanía
  • Mostra do libro galego
  • OS FONDAOS DO PÍFANO(bombeiros)
  • CE PANTASMA (home orquestra)
  • Sesión Vermú con CAXADE, os Festisabores e Vanessa Rivas (zanqueira)
Tarde
  • FESTIVAL DE MÚSICA TRADICIONAL, con Inllar, Malante e Adro.
   

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios