Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Sufocan a tempo un incendio nunha vivenda abandonada antes de que se progagase

Incendio vivenda carballido-ponteceso
Sufocan a tempo un incendio nunha vivenda abandonada antes de que se progagase

Afortunadamente non houbo máis que danos materiais, pero o suso que levaron foi importante. Foi un incendio acontecido nunha vivenda de Carballido, Ponteceso, arredor das 6:00h da madrugada do sábado ao domingo. Tratouse dunha vivenda abandonada, pero o lume tiña risco de propagarse ás vivendas colindantes.

Pronto chegaron os Bombeiros do GES de Ponteceso, que conseguían extinguir o lume, mesmo antes de que chegaran os Bombeiros de Carballo, que colaboraron nas nas tarefas de enfriamento dos rescoldos e abastecer o seu camión con auga. Nos traballos de exnción e enfriamento empregáronse uns 4.000 litros de auga.

Os danos centráronse nas estructuras interiores de madeira, xa que na vivenda non había mobiliario. A cuberta tamén se viu afectada xa que eran placas de fibrocemento aínda que a estructura era de viguetas de formigón.

Comentarios