Martes. 23.04.2024
El tiempo

GES: “Se nos mandan desbrozar ou barrer despois das festas, como imos cubrir ben unha Emerxencia?”

GES de Ponteceso-Foto-Juanma Trillo
Un Bombeiro do GES de Ponteceso en faena.Foto-Juanma Trillo
GES: “Se nos mandan desbrozar ou barrer despois das festas, como imos cubrir ben unha Emerxencia?”

Falta pouco para que caduque o convenio dos GES de toda Galicia. Unha realidade que nos afecta a tod@s @s veciñ@s do país, pois deles depende a boa cobertura en caso de emerxencias nas zonas rurais. De feito, a idea teórica é que entre os Parques de Bombeiros e os GES (creados nas zonas de “sombra”) poidan cubrir calquera emerxencia chegando en menos 20 minutos.

”Pero que pasa se os bombeiros do GES se atopan desbrozando un monte, ou limpando unha praza despois dunha festa?”. O que lanza a pregunta é Javier Ordóñez Barca, un dos 12 bombeir@s do GES de Ponteceso que tamén é, dende hai uns meses, vicepresidente da AGESGA, a asociación que une todo os Grupos de Emerxencias Supramunicipais de Galicia. I é que precisamente por aí vai algunha das peticións que a entidade está facendo á Xunta FEGAMP e Deputacións durante o proceso de negociación do novo convenio.

”Non pedimos nunca unha subida de soldo. Sempre que pedimos algo pedimos material, ou melloras para atender mellor as emerxencias”, explica Ordóñez. “A nosa idea é que hai que profesionar máis as Emerxencias, non ilas minguando”, sinala ao tempo que debulla as demandas máis importantes que están a realizar.

Pasar a depender do Consorcio, non do concello de turno

”Os concellos que teñen unha poboiación de arredor 5.000 habitantes, non teñen a infraestrura, nin o capital humano para xestionar estes Grupos. Nós pedimos que os GES pasen a ser coordinados polas Deputacións a través dos Consorcios Provinciais Contraincendios, que son os que saben do mundo de Emerxencias. Non pode ser que dependamos do alcalde de turno, que nos mandan barrer, desbrozar… o que nos impide cubrir as emerxencias correctamente”, explica.

Parece algo pouco razoable que os grupos estean xestionados polo Concello que os acolle cando o que se dá é un servizo Supramunicipal, como ben indica o seu nome. Pero a realidade é que a día de hoxe “os Concellos están utilizando os GES para facer traballos nos concellos onde están situados pero deixando sen efectividade as emerxencias para ese mesme e o resto de concellos”.

Máis labores?? E as emerxencias

Mentres negocian este punto, dende o AGESGA lamentan decatarse que “os alcaldes pedindo que se nos poñan un par de cláusulas máis, sen negociar cos traballadores, e unha delas é limpeza de prazas en caso de eventos. É dicir, unha cláusula para facernos ir barrer despois das festas. Como se vai utilizar unha ferramenta de Emerxencias para iso?”, pregúntase Ordóñez.

”Os alcaldes consideran que mentres non haia emerxencias, podíamos facer outras cousas. Pero como sabemos “cando non vai haber” emerxencias? Os minutos son vitais nestas situacións”, explica. “Se che caza unha emerxencia desbrozando o monte, e tes que ir á base a cambiarte, coller o camión… xa non chegas aos 20 minutos”, sinala deixando claro que estas situacións que suceden na maioría de Concellos que acollen este servizo.

Necesidade de material

”Falta material, por exemplo de rescate; faltan vehículos… faltan moitas que se dependésemos do Consorcio non faltarían porque eles saben as necesidades que hai no mundo das Emerxencias”, explica poñendo un exemplo concreto: “Hai un mes houbo unha emerxencia por un home que caera en Punta Nariga. Fumos os primeiros en chegar, pero como non temos equipo de rescate en alturas, tivemos que esperar polos Bombeiros de Carballo para montalo, perdendo un tempo imprescindible”.

Equipos de 3 Bombeiros

Ordóñez quere lembrar, ante todo que no ”GES somos bombeiros, facemos o traballo de bombeiros”, pero apunta que na situación actual ”estamos inclumplindo as leis de prevención de riscos laborais, indo en grupos de 2. Por exemplo, se hai un incendio nun piso, teñen que subir 2 e ten que quedar 1 no camión pendente da auga”. A día de hoxe, cos 12 membros que forman os GES, fórmanse grupos de 2 persoas, por iso “necesitamos que pasen de 12 a 18 persoas para poder facer equipos de 3 bombeiros”, explica.

En materia laboral lembra que “tamén necesitamos que se cubran as baixas, que ata o de agora se van cubrindo pero ás veces cun mes de retraso. Unha garda de 1 non vale para nada”, recorda, mentres solicita a creación dunha “bolsa traballadores a través da Academia Galega de Seguridade (AGASP) a nivel provincial para poder tirar dela, ser cargar os Concellos de crear a súa propia bolsa e abrir os complicados procesos de contratación”. Pon o exemplo da bolsa de Policías Locais e considera que unha de Bombeiros sería moi útil.

Comentarios