“Temos ao Messi do surf polo peirao e non nos damos conta”

Esta fin de semana volvía vivirse en Corme unha desas sesións de deporte extremo de máximo nivel internacional. Un grupo dunha vintena de especialistas vascos en surf extremo pasou a fin de semana bailando ca Tremosa, esa onda xigante que encandila ducias de deportistas de todo o planeta.
Unha visita que provocou ademais que os hostais e casas rurais da zona teñan un impulso en temporada baixa.
Por momentos, eran ata 20 persoas na auga entre surfistas, motoristas, cámaras… disfrutando deste deporte.
Hoxe temos festa na #Tremosa en Corme #surfextremo #costadamorte ❤️❤️ pic.twitter.com/2BamTY4ElD
— Suso Lista (@ListaSuso) December 11, 2021
Desta volta foi o equipo de Axi Muniain o que estivo pola zona, o equipo que máis ten profundidado nesta onda, e que a ten convertido nunha referencia mundial ata cotas insospeitadas. De feito, Axi tivo que marchar ao Campionato do Mundo de Ondas XXL, a World Surf League, que se celebra en Nazaret, e 8 dos 16 participantes que compiten nesta proba estiveron por Corme.
Ademais de Axi, tamén estivo o brasileiro Rodrigo Koxa (que conta co actual recor Guiness de surfear unha onda de 24 metros); a francesa-brasileira Michell de Bouillons e Justine Dupont, dúas das 3 mulleres que compiten a este nivel; o brasileiro Ian Cosenza; os portugueses Nic Von Rupp e Joao Mancebo; e Eric Rebiere, brasileiro-frances que reside en Bastiagueiro.
Aí é nada o potencial da comarca, como reflexiona o patrón maior de Corme, Roberto Vidal, ao que todos acoden para solicitar apoio loxístico. “Temos a Messi no peirao e non nos decatamos, porque este deporte non é tan famoso como o fútbol”, valora.
Novas relacionadas
- A "Tremosa" tamén encandila a Justin Dupont.
- Xaneiro 2021: Surf: Mike Lay namora de Nemiña.
- Decembro 2020: A Tremosa en vídeo.
- 18-11-2020: Surfeiros vascos, portugueses e brasileiros poñen en valor “A Tremosa”.
- Novembro 2020: “A Tremosa: Cando rompe, treme o barco, treme a costa”.
- 28-10-020: Os amantes do surf extremo volven á Costa da Morte.
- Outubro 2020: 14 Concellos soben á onda da Reserva Mundial de Surf Costa da Morte.
- Abril 2020: As ondas xigantes da Costa da Morte nun novo vídeo de especialistas internacionais de surf.
- Febreiro 2018: Gravando as ondas XXL da Costa da Morte.
- 2017: Surfeando ondas xigantes da Costa da Morte.
- 2014: Costa da Morte, a fronteira do Surf Extremo.
- 31-12-14: Surfeando a onda Mutante da Costa da Morte.
- 2013: A Tremosa, a gran e temida onda da Costa da Morte.
- 2013: As perigosas ondas das Costa da Morte collen sona internacional.