Trasladado tras intentar quitarse a vida cunha pistola de matar os porcos Niñóns
18:30 21/10/17
Tarde triste a vivida en Ponteceso. Un home achegábase co seu vehículo á praia de Niñóns, onde intentábase quitar a vida cunha pistola de matar os porcos.
Achegábanse Protección Civil, Garda Civil, o GES de Ponteceso, así como a Ambulancia do 061 e mesmo Helicóptero medicalizado. Os medios sanitarios intentaron salvarlle a vida e finalmente foi trasladado en helicóptero al Hospital de referencia.
Houbo gran expectación na zona, pois era día de caza, e moitos dos cazadores que estaban polos montes do lugar, aparcaran xusto na praia.
Novas relacionadas
- 16-10-18: O alemán que foi rescatado no Monte Pindo a semana pasada quitouse a via no Cabo Fisterra.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).