Venres. 29.03.2024
El tiempo

Un canto dende Uruguai para o avó pontecesán Fadol

Un canto dende Uruguai para o avó pontecesán Fadol
Presentacion do video Gallego de Carlos Blanco Fadol Presentación do vídeo Gallego de Carlos Blanco Fadol en Brantuas Este pasado domingo 30 de decembro, o local da Asociación Cultural Nosa Sra do Faro, acollía unha presentación moi especial. O músico uruguaio Carlos Blanco Fadol acodía ás súas raíces para presentar o seu novo vídeo-clip, “Gallego”. Fadol é neto dun emigrante saído de Brantuas, e o tema foi composto en lembranza do seu avó Manuel. Tanto os espazos da gravación coma os seus protagonistas son todos da entorna de Brantuas. Carlos Blanco Fadol, amais de cantautor e musicólogo, posúe unha colección de instrumentos musicais “étnicos”, considerada a máis grande do mundo no Museo de Música Étnica de Murcia. Blanco Fadol é todo un persoeiro recoñecido no seu país, e mesmo foi candidato en 2006 e 2009 aos Premios Príncipe de Asturias das Artes. No vídeo aparece como gaiteiro Luciano Pérez Día, e aparecen Josefa Blanco Lema (esposa do emigrante), Gabriel Amado Rego (o avó), Martín Martínez Riobo (o neto) e Eduardo Rabuñal (as pernas do emigrante). Fadol, que estivo arroupado na presentación por Xosé Manuel Varela.

Comentarios