Un certame de pintura ao aire libre e un novo Festival de música en Ponteceso
Espectacular o movemento cultural de Ponteceso. Nas vindeiras datas teremos a ocasión de disfrutar de dous eventos de categoría nacional. Xa comprobamos o ano pasado o potencial do Certame de Pintura ao Aire Libre Álvarez de Sotomayor, e este verán volveremos disfrutalo. E ademais, para completar a oferta festivaleira que lidera o V de Valarés, nace o Festival Solpor Ponteceso.
IIIº Certame de pintura ao aire libre Fernando Álvarez de Sotomayor
Xa saben como é este certame. Pintores de toda a península chegan ata a terra de Pondal, debuxan o que máis lles presta da zona, e presentan a súa obra, realizada en apenas unhas horas, ao certame. Este verán a cita será o domingo 13 de xullo 2014.
Unha proposta fantástica falando a nivel turístico. Un xeito de vender a beleza da nosa paisaxe de xeito inmellorable, como o demostrou non hai moito o certame curmán do Cabo Vilán. Recibiremos un cento de artistas que coñecerán a nosa zona e lla ensinarán aos seus a través das súas pinturas.
Festival Solpor Ponteceso
O sábado 19 de xullo estréase a primera edición dun festival que nace para quedarse. Un festival sen corsés, e con música de todas as especies: Indie, Hip-Hop, Rock, Folk, Dance…
Como recoñecía Xabi Herranz no Compás, trátase de darlle saída a grupos que aínda non non teñen posibilidade de tocar en grandes festivais.
Coa colaboración do Concello, e de varios establecimentos como A Vieira ou O Cabazo de Corme, nace esta proposta sonora. Estarán sobre o escenario bandas como o cormelán Brandy Four, o coruñés Daclown e os pontecesáns Spider Krabs e Not Ónly Shills, que así nos invitan ao festival.
Aínda non está confirmada a ubicación, pero a coñeceremos en breve. Deixámosvos con Brandy Four:
Novas relacionadas
- Dúas bandas rockeiras de referencia para internacionalizar o Festival VdeValarés 2014.
- 2014: O Cabo Vilán déixase pintar no I Certame de pintura ao aire libre.
- 2013: Ponteceso crece a golpe de acuarela co II Certame de Pintura Álvarez de Sotomayor.
- 2012: Ponteceso convertiuse na capital artística da máxica paisaxe bergantiñá.