Unha Andaina dende Vimianzo e Ponteceso ata o Xurés

Continúa en marcha o programa de Andainas, pero desta volta sae da Costa da Morte para seguir coñecendo Galicia. Os concellos de Vimianzo e Ponteceso deseñan unha completa fin de semana polo Parque Natural da Baixa Limia, na Serra do Xurés, en Ourense, para os amantes da natureza e do sendeirismo. A excursión será a fin de semana do 22 e 23 de xuño, e as prazas xa se están agotando.

Trátase dunha fin de semana completa, con durmida no albergue O Corgo, no concello de Muiños, puidendo disfrutar de varias visitas culturais así como da natureza no seu estado puro coas sesións de sendeirismo.

Unha ruta moi completa

Así, o programa inclúe visitas guiadas ó Aquis Querquennis (campamento romano do s.I), á Igrexa Visigoda de Santa Comba de Bande, do s. VII (unha das máis importantes de Galicia), ou o forno comunitario de Tourem (Portugal), de 1868.
Así, o sábado tocan 3 andainas curtiñas:

  • Ruta dos muíños do río Vilameá (1,6 km). Neste curto espazo concéntranse un total de 12 muíños e unha ponte medieval.
  • Ruta de Pitoes das Junias (Portugal, 4,5 km) onde poderemos contemplar a fermosa fervenza de Pitoes e as ruínas dun fermoso mosteiro do s. XII.
  • Ruta de Corga da Frecha (Lobios, 4,5 km). Nesta andaina poderemos visitar unha das fervenzas máis altas de Galicia, cunha caída total de 200 m. e os restos dunha mansión romana, onde se poden apreciar o sistema de calefaccións da época.

O domingo toca a andaina máis longa:

  • Ruta de Padrendo (Lobios, 11 km) unha bonita, aínda que exixente andaina, na que poderemos ver muíños restaurados, antigas bodegas escavadas na montaña, fermosas vistas panorámicas e outras sorpresas.

Máis información e inscrición

A cota de inscrición é de 50€ (a pagar no momento da inscrición) e nela está incluída as visitas guiadas, o aloxamento en réxime de pensión completa (agás a comida do sábado que a debedes levar) e o transporte. O número de prazas será de 52 (26 para Ponteceso e 26 para Vimianzo) e o mínimo de inscritos debe ser de 30.

Está previsto chegar de volta á Costa sobre as 20:00 h. do domingo. E xa podedes descargar toda a información no folleto informativo e inscribirse nos dous concellos antes do mércores 19 de xuño.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).