mércores. 30.04.2025
El tiempo

Unha moza pontecesá de 21 anos falece nun accidente na AG-55

Unha moza pontecesá de 21 anos falece nun accidente na AG-55

Esta mañá de luns 16 de xuño amencíamos cunha mala nova nas estradas. Unha furgoneta batía ás 7:30h por detrás nun vehículo no que viaxaban 4 persoas, na autoestrada AG-55 ao seu paso preto de Laracha, no km.21,5.

Unha das ocupantes, unha moza de 21 anos, natural de Tella, Ponteceso, falecía, e as outras tres persoas que viaxaban no turismo, entre elas tiveron que ser trasladadas ao Complexo Hospitalario da Coruña.O condutor da furgoneta, un home de 55 anos, foi trasladado ao Hospital Quirón da Coruña.

É a primeira morte que recollemos neste 2014 nas estradas da bisbarra.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios