Unha nova senda peonil percorerrá a parroquia do Anllóns


En plena explosión da febre sendeirista dá gusto ler estas novas. I é que a Xunta aprobaba onte o decreto polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola construción dunha senda peonil na estrada AC-423 (Grilloi-Ponteceso), ao seu paso polo Concello de Ponteceso.
A senda peonil da AC-423 construirase na marxe dereita desta estrada, no treito que discorre pola parroquia de Anllóns e acaba á entrada da localidade de Ponteceso, entre os puntos quilométricos 11+580 e o 13+970. A expropiación de bens afecta arredor de 2.000 metros cadrados de terreos, case todos asentados en solo rústico.
Os traballos terán unha duración de 4 meses e consisten en ampliar a plataforma da estrada para dispoñer a senda peonil; así como a execución de elementos de drenaxe, limpeza e sinalización. Ademais, entre os puntos quilométricos 13+680 e o 13+840, debido ao asolagamento do terreo sobre todo no inverno, construirase unha pasarela de madeira de 2 metros de largo.A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas destinará para esta actuación máis de 300.000 euros, dos cales preto de 45.000 euros están destinados ás correspondentes expropiacións.
Novas relacionadas
- Lorena Martínez Canosa: O espectáculo do estuario do Anllóns.
- Nin a chuvia pode cuns trasnos que intentarán facer o Camiño dos Faros en 48 horas.
Fonte
- Xunta.