domingo. 15.12.2024
El tiempo

Unha Semana Santa devota en Corme

Unha Semana Santa devota en Corme
Semana Santa de Corme 2014

Se por Ponteceso haberá Pinchos, p por Corme a devoción será a protagonista na Semana Santa 2014. A vila cormelá xa se prepara para a lista de procesións que terán lugar entre o 1 e o 20 de abril, organizadas pola Irmandade da Virxe das Dores coa colaboración do Concello.

Arrincarán as citas o venres 4, ás 20:00h co septenario da Virxe das Dores. Pero as procesións propiamente ditas comezarán o Venres das Dores, o 11 de abril, coa misa cantada a partir das 20:00h pola Coral Brisas do Mar de Corme, seguida da procesión coas imaxes das Dores e da Piedad, acompañadas polos nazarenos, mantillas, cofrades e a banda de cornetas e tambres da OJE de Ferrol.

O Domingo de Ramos, día 13, toca misa e bendición dos ramos, ás 11:00h.
Para o Xoves Santo, día 17, toca ás 20:00h celebración da Cea do Señor e representación dos Santos Óleos.
O Venres Santo, día 18, será un dos días grandes coa celebraciuón da Pasión do Señor, con procesión e representación das xentes da vila.
Xa o sábado, a Vixilia de Pascua, toca misa ás 20:00h para a Resurrección, que se completará a mañá do Domingo de Resurrección.

Semana Santa 2014

Fonte

Comentarios