Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Os fisterráns preparan a súa Semana Santa

Os fisterráns preparan a súa Semana Santa
Semana Santa Fisterra 2014 Cartel

Todo segue en marcha en Fisterra para ter a mellor Semana Santa en décadas. A Xunta de Confrarías este ano está máis involucrada que nunca para esta, unha das celebracións grandes de toda Galicia que se realizan nestas datas. Ademais, de ser recoñecida como unha das 9 Festas Turísticas da Costa da Morte, a Semana Santa de Fisterra ten unha particularidade que a caracteriza e a diferenza das outras Semanas Santas de Galicia: é que a maior parte dos actos son representacións realizadas polos propios fisterráns de carne e óso, seguindo textos de orixe inmemorial, algúns datados da Idade Media.

Xa vimos o cartel festexeiro, e hoxe repasamos as citas litúrxicas e as representacións. I é que as Cofradías e Hermandades xa teñen todo apunto para lucir un ano máis a súa Semana Santa polas rúas da Vila do Cristo. Cada Cofradía apura os seus últimos retoques cos pasos e as imaxes. Soan as máquinas das costureras que dan xa as últimas puntadas para que todos os hábitos que visten os portadores e os penitentes estean listo para participar nas distintas procesións que se celebran. Fisterra ver de paixón para celebrar a súa Semana Santa.

Primeira saída

Este ano, a Xunta de Confrarías de Fisterra organiza unha peregrinación ao Santisimo Cristo de Fisterra. Celebrarase o día 12 de abril con saída desde a praza da Igrexa de Cee ás 16.30 horas e que terminase na Igrexa Parroquial de Santa María das Areas de Fisterra para asistir ao 1º día da novena do Santísimo Cristo de Fisterra.

Programa relixiioso da Semana Santa de Fisterra 2014

 Programa relixioso da Semana Santa Fisterra 2014

Achegamos o programa de actos que comeza o Venres de Dores e termina o Domingo de Resurreción.

  • Venres de Dores: Ás 20.00h. misa solemne cantada polo coro "Nosa Señora dás Areas" dirixido por Moncho Domínguez. A continuación procesión da Virxe da nosa Señora das Dores.
  • Domingo de Ramos: Ás 11.15 bendición de Ramos na Capela da nosa Señora do Bo Suceso. A continuación celébrase a procesión, acompañada pola banda "Desiderio Paz" ata a Igrexa de Santa Maria das Areas. A procesión terminará na Igrexa de Santa María das Areas onde se celebrase o acto a Santa Misa, cantada polo coro "Nosa Sra do Carme" dirixido por Carlos Velasco.
  • Xoves Santo: Ás 20.00h representación de Ultímaa Cea e Lavatorio de Pés. Ás 21.00h Oración no Horto, Traizón de Judas e Prendimiento de Jesús. A continuación, a procesión da Oracion no Horto percorrerá as rúas do pobo.
  • Venres Santo: Comeza ás 11.30h. o Viacrucis na praza de Santa Catalina, ata chegar á Praza da Constitución onde se recrea o Santo Encontro que continuase ata a Igrexa Parroquial. Ás 20.00 horas liturgia do día e acto de Desenclavo de Jesús na Igrexa de Santa María das Areas culminando o día coa procesión do Santo Enterro, unha das procesións máis arraigas de Galicia.
  • Sábado Santo: Vixilia Pascual ás 21.00 horas.
  • Domingo de Resurrección: O Gran Día da Vila do Cristo. Miles de romeus achéganse a venerar ao Cristo dá Barba Dourada e a ofrecer as súas exvotos. É un ir e vir de multitudes que esperan ás 12.00 para presenciar a representación da Resurrección do Señor que se vén facendo en Fisterra desde tempo immemoriables. Escenificación con personaxes vivientes que recrean un antiquísimo auto sacramental que narra en verso a chegada das desconsoladas mulleres ao sepulcro e do seu encontro co anxo que lles anuncia a Resurrección do Señor en forma de proclama ao mundo enteiro co tradicional ALELUIA.

Semana Santa 2014

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios