![ponteceso ás cies]()
Xa demos conta da
viaxe ás Illas Cíes que vai organizar a vindeira semana o Concello de Ponteceso.
Hoxe temos que informar dalgúns cambios, como a ampliación do rango de idades, que agora irá dende os 13 ata os 16 anos, o cambio da data, que será para os días 23 e 24 de agosto, e o prazo de inscrición, que quedará aberto ata o venres 19 de agosto, ás 13:30h.
A actividade consta dunha serie de viaxes turísticas combinadas con actividades deportivas, culturais e de carácter medioambiental. A Costa da Vela, o Cabo Home, ou as Illas Cíes formarán parte do percorrido. Nese contexto, desenvolveranse actividades de sendeirismo e baloncesto.
O Concello habilitará para estas actividades trinta prazas, que se repartirán por orde de inscrición. Para inscribirse hai que dirixirse ao Concello ou á Oficina Municipal de Corme, en horario de 09:30h a 13:30h. A cota é de 40 euros, un prezo que inclúe xantar, aloxamento, cea, almorzo, e a viaxe en barco ata as Cíes.
Para máis información poden chamar ao teléfono do Concello, no 981 714 000, ou á Oficina Municipal de Corme no 981 738 428.
Novas relacionadas
Fonte