Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os veciños de Lestimoño protestan pola falta de información sobre as expropiacións

Lestimono
Os veciños de Lestimoño protestan pola falta de información sobre as expropiacións

Este xoves 30 de xuño, os veciños de Lestimoño, en Ponteceso, foron convocados pola Deputación para recibir información sobre unha posible expropiación, por mor da obra de mellora dos accesos e sendas do lugar. Unha zona perigosa, cuias obras de mellora da seguridade, ademais de facer saneamento e abastecemento, é absolutamente necesario.

Pero malia que a obra sae publicada no BOP do pasado 7 de marzo, a veciñanza descoñecía completamente o proxecto, e lamenta que o Concello non lles trasladase ningunha información e sexa a Deputación a que os convoque.

O grupo de Concelleiros non adscritos aseguran que hai moitos “veciños afectados indignados, dado que afecta a expropiación incluso de escaleiras de entrada a vivendas”. “Por que o alcalde non reuniu aos veciños para explicarlles as obras e as posibles expropiacións? Despois fala de dialogo e transparencia”, critican.

Comentarios