A viva Semana Cultural do Faro de Brantuas

Semana Cultural Faro de Brantuas
A viva Semana Cultural do Faro de Brantuas

O luns 8 de setembro, xa festivo en Ponteceso, celébrase a Romaría da Virxe do Faro de Brantuas. Pero dende hai anos a Asociación da Nosa Señora do Faro de Brantuas prepara, como previa, unha completa Semana Cultural.

Xa levan varios días de actividades, coa Memoria Histórica como protagonista, recordando compañeiros que xa non están. Unha sesión moi emmotiva que acabou a base de cocido.

Semana Cultural Faro de Brantuas 3

Aínda queda tempo. Este mércores é Leti da Taberna, tiktokeira galega, a que porá a rir todo o local social de Brantuas a partir das 21:00h, rematando a sesión cuns petiscos para todos.

Continúa a Semana mañá xoves cos libros de “Cantareiras” e “Pandereteiras” de Icía e Xosé Manuel Varela, e Nerea Gómez, co mesmo horario, que se repetirá o venres coa Rondalla La Mugardera, se ben antes, ás 16:30h, haberá unha charla cos maiores da aldea.

Sábado e domingo hai unha marea de actividades, con andaina matutina polo patrimonio histórico, capelas castros… A noite sabatina será co Grupo Coro encaixe e con Callos, e a do domingo, haberá tarde de xogos infantís, e noitiña de acordeóns con Jesús Couto.

Programas

Semana CUltural de Brantuas 2025

Romaria da Virxe do Faro de Brantuas

Comentarios