Martes. 17.09.2019
El tiempo

A Xunta por fin apoia a pioneira Escola de Verán do Couto

Ethel Vazquez con Jose Maria Varela asinando o apoio da Xunta coa Escola de Verán da Fundación Eduardo Pondal
Ethel Vazquez con Jose Maria Varela asinando o apoio da Xunta coa Escola de Verán da Fundación Eduardo Pondal
A Xunta por fin apoia a pioneira Escola de Verán do Couto

Poucas axudas da Xunta caen na activa comunidade do Couto, a pesar de ser un referente a nivel galego de fomento da cultura no rural. Desta volta, a Xunta quere colaborar con esa escola de verán que pasa por ser a envexa de toda a Galicia urbana. Son 15.000 os euros que a Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade (por que non a de Cultura e Educación?) achega para poñer sustentar a pioneira Escola de Verán que a Fundación Eduardo Pondal desenvolve na casa reitoral de San Tirso de Cospindo.

Son máis de 100 [email protected] de entre 3 e 16 anos e de Cabana de Bergantiños, Ponteceso, Laxe e Malpica, os que disfrutarán, entre o 22 de xullo ata o 23 de agosto desta necesaria proposta de conciliación.

O calendario contempla obradoiros para cada grupo de idade, contacontos, charlas con invitados expertos, saídas ou unha xornada de familias. Temáticas como a seguridade viaria, están moi presentes nas liñas de traballo, colaborando tamén coa Universidade Rural dos maiores. Entre estas actividades destaca a elaboración conxunta dun vídeo no que maiores e pequenos expliquen as normas a seguir como peóns e condutores. Esta peza audiovisual busca que os cativos afiancen todo o aprendido durante os días da Escola de Verán e traballen en equipo con persoas doutras idades.

Esta edición contará con convidados relacionados coa seguridade viaria como o persoal da xefatura Provincial de Tráfico; profesionais do 061; compoñentes da asociación Íntegro, que son vítimas de accidentes de tráfico; ou a visita de Sandra García, a primeira muller en participar no Campionato Galego de Autocross e no Campionato de España.

 

Novas relacionadas

Comentarios