Xoves. 16.05.2024
El tiempo

Ponteceso aproveita o seu Luditempo de Semana Santa

Ponteceso aproveita o seu Luditempo de Semana Santa

O Concello de Ponteceso vén de abrir o Programa Luditempo. Programa destinado a fomentar a conciliación da vida laboral e familiar a través de actividades dirixidas a nenos e nenas do Concello de Ponteceso, de 3 a 10 anos durante as vacacións de Semana Santa.

Programa

  • Luns 18 de abril: Obradoiro artístico de decoración de ovos de pascual e elaboración de cestas.
  • Martes 19 de abril: Día do Teatro, con xogos teatrais de expresión corporacar e vocal, e improvisación.
  • Mércores 20 de abril: excursión ao parque de educación vial de Fene para aprender a respetar os sinais de seguridade con prácticas en karts.

O horario será de 10:00h a 13:30h e haberá monitores especializados. As activdades son gratuitas e só hai 40 prazas dispoñibles. As sesións será no Antigo Edificio da ESO (edificio verde).

Máis información e inscricións

Poden apuntarse do 11 ao 15 de abril preguntando por Loli do Departamento de Educación Familiar no 981 714 000 (ext.51).

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Departamento de Educación Familiar do Concello de Ponteceso.

Comentarios