Xoves. 16.05.2024
El tiempo

A Fundación Eduardo Pondal presenta un mes de libro

A Fundación Eduardo Pondal presenta un mes de libro

A Fundación Eduardo Pondal presenta un completo programa de actividades para conmemorar o Mes do Libro.
A programación anual da Fundación Eduardo Pondal continúa o seu camiño de dinamización cultural neste mes de abril tomando como escusa a celebración do Mes do Libro. Os libros e os escritores serán os verdadeiros protagonistas do programa.

Así, para os primeiros lectores desenvolveranse as merendas animadas na sección Club de Lectura na Casa do Cura con dinamización de Tamara Lema, Silvia Losada, Alba Costa e Esteban Rey. Estas Merendas Animadas están programadas para os sábados 2, 9, 16 e 23 ás 16.30 da tarde. Como achega da literatura ás novas tecnoloxías, os cativos que se acheguen poderán xogar no CD interactivo Gundar e o cabalo de oito patas.

A Cova Céltica deste mes estará dedicada a dous pioneiros da literatura infantil e xuvenil na Costa da Morte: Concha Blanco e Xelucho Abella. Ambos xa presentaran no ano 1991 os seus libros Gundar e o cabalo de oito patas (Xelucho) e A misteriosa montaña de Pena Negra (Concha) na Casa dos Veciños de Monte Branco. Neste abril de 2011, cando se cumpre o 10 aniversario desa primeira presentación, Xosé Manuel Varela moderará un faladoiro literario con estes dous recoñecidos escritores de Malpica de Bergantiños e Cee. A cita será o sábado 9 ás 17.30 horas na lareira da Casa do Cura.

Luís Giadás e Sofía González continuarán coas gravacións de memoria oral baixo o título de «Non des a esquecemento». A cita será para o sábado 16 ás 17.30 h. Nesta ocasión a temática será “O libro da parroquia de San Tirso de Cospindo desde a Casa do Cura”. Participan como informantes os últimos moradores da casa reitoral de Cospindo (Maruja do Cura e o seu fillo Ricardo Torrado, que naceu nesta casa, e mais Manolo do Cura)

A actividade de maior repercusión xeográfica será «Boandanza e saúde desde Ponteceso a todas as Casas-Museo de escritores do Estado español». Programouse para o sábado 23 de abril, ás 17.30 h. Nela realizarase lectura cívica de textos de escritores que contan con con Casas-Museo en España e que fixesen referencia a Galicia nos seus textos. En total, 40 lectores lerán e 40 textos que se agruparán na temática “Galicia presente na obra de escritores españoles”. Días despois, subiranse os vídeos deste recital cívico á conta de facebook de Monte Branco dos vídeos deste recital cívico. Tamén se manterá contacto por e-correo con todas esas Casas-Museos facéndoos partícipes dixitais desta actividade.

Por último, nas mañás dos domingos 10 e 17, proseguen os ensaios de «Das noites do prácido luar» con Lucho Penabade.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da FEP.

Comentarios