Alberto Romar, confirmado como candidato do PSOE á alcaldía de Santa Comba
12:12 24/10/22
Era un segredo a voces, pero esta fin de semana confirmouse que Alberto Romar será o candidato do renovado PSOE de Santa Comba nas vindeiras eleccións municipais de maio 2023. Vén de dimitir tras varios anos como presidente da Asociación de Empresarios de Santa Comba, e agora asume o reto de coller o relevo tras moitos anos de Ucha Velo (expulsado o pasado ano por apoiar a moción de censura contra Barbeira en favor do PP e que se vai presentar cunhas siglas independientes) á fronte dos socialistas.
O candidato socialista foi escollido por unanimidade nunha asemblea extraordinaria da agrupación socialista nunha asemblea celebrada na “nova Casa do Pobo”, a nova sede socialista.
Co obxectivo de recuperar un goberno socialista en Santa Comba, Romar sinalou que o paso principal será escoitar á veciñanza, cun proxecto “realista e executable”.O próximo candidato socialista explicou que elaborará “unha lista de progreso”, na que se integren novos perfís e compañeiros que formaron parte da candidatura nas eleccións de 2015 e 2019.