Arrincou o XallasLab, ese espazo de formación alternativo para romper a fenda de xénero/dixital da mocidade de Santa Comba
A proposta deste Laboratorio de Oportunidades é desenvolver proxectos xuvenís a través das tecnoloxías, proxectos “social tech” que vinculen as novas tecnoloxías co emprendemento social, para xerar beneficio social da comunidade de Santa Comba e a súa contorna. En si mesmos, os “L@bs4 OPPs” xa fomentan a rotura da fenda dixital e traballan na prevención do abandono prematuro do sistema educativo de adolescentes en situación de vulnerabilidade social ou de zonas como é o rural galego, onde as oportunidades de evolución se reducen por motivos técnicos.
Outros dos obxectivos deste espazo alternativo de aprendizaxe é a orientación educativa, amosarlle camiños ao alumnado sobre que poden estudar, así como o fomento das vocacións STEM. ( Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas), todo enmarcado nunha clara liña de romper coa fenda de xénero/dixital.
Para isto, os labs están provistos dun amplo equipamento: computadores portátiles, impresora 3D, cámara de vídeo, kits de robótica etc.; nos que os/ as participantes capacítanse no manexo de novas tecnoloxías como o deseño e a impresión 3D, a programación web ou a robótica.
O Alcalde de Santa Comba David Barbeira García resaltou a consideración e aposta de Ayuda en Acción por poñer en marcha este L@bs Santa Comba toda vez que os moz@s do rural xalleiros sofren as dificultades no ámbito dixital, pero aínda así, accións como a que agora comenzaba poden axudar a reducilas.
Pola súa banda, Beatriz Varela, da ONG, agradeceu a colaboración para desenvolver o proxecto por parte do municipio xalleiro e animou aos xóvenes participantes e aos seus formadores a que deran renda solta á súa creatividade e que disfrutaran da experiencia, que a bo seguro lle será moi proveitosa. "Ayuda en Acción" é consciente que que este tipo de iniciativas poden ser moi proveitosas para a xuventude e a propia sociedade de territorios do rural de Galicia.