Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Campo do Voluntariado de Santa Comba axuda a coidar a ruta da Braña

Voluntriado de Santa Comba no Pazo
O Campo do Voluntariado de Santa Comba axuda a coidar a ruta da Braña

Xa está a pleno rendemento o equipo que forma o novo Campo de Voluntariado residente en Santa Comba. Unha vintenta de moz@s axudan na posta en valor e acondicionamento da ruta patrimonial pola Braña da Serra, realizando labores medioambientais como a xestión de especies exóticas, recollida de lixo e cartografía da zona, así como a colleita de historias da veciñanza.

Este campo de voluntariado de nova creación atópase nunha zona de altísimo valor ecolóxico que constitúe unha das uceiras húmidas atlánticas máis grandes de Galicia, encadrada nas parroquias de San Pedro de Xallas de Castriz (Santa Comba) e San Miguel de Couso (Coristanco).

Ademais dos labores medioambientais, os mozos fan unha ruta guiada coa veciñanza, colaboran co voluntariado local encargado da organización das festas, realizan obradoiros de teatro con veladas de improvisación e actividades como caiac, cestería e excursións
pola natureza.
 

Comentarios