O Concello de Santa Comba presentará alegacións contra a ubicación do parque eólico Alvite II
- O Concello non descarta chegar á via xudicial., pola evidente partición dun proxecto de máis de 50MW, en dous proxectos de menos potencia (Alvite e Alvite II).
Seis viraventos de case 200 metros de altura proxectados moi preto, a menos de 700 metros, de casas e gandeirías do lugar de Barbeira. De aí que a veciñanza do lugar teña mobilizado ao Concello para presentar alegacións contra o Parque Eólico Alvite II, promovido por Capital Energy e Green Capital Power S.L.
Así o recoñecía hoxe a alcaldesa, María Pose, despois de varias reunións cos veciñ@s, sinalando que entre outras cousas, o proxecto inclumple da Lei de Solo de Galicia. O Concello critica á afectación económica e hidrográfica polas afectacións a mananciais de consumo humano e animal; así como os incumprimentos da normativa europeoa de conservación de hábitats naturais e de fauna e flora silvestre; e fai fincapé do éxodo rural de poboación, pola perda de valor agrario e gandeiro do entorno do lugar de Barbeira en Santa Comba e dos lugares proximos de Negreira e Mazaricos.
Ten claro a veciñanza que esta poligonal eólica “afectaría sensiblemente á veciñanza do lugar de Barbeira, ás súas terras de cultivos e tamén a elementos patrimoniais de importancia na zona”. “O ruído e as ondas emitidas pola actividade dos aeroxeneradores, tratándose dunha zona chá, podería ser moito máis importante para a saúde humana e animal”, explican dende o Concello.
Fragmentación
O concello xalleiro non descarta chegar á via xudicial., pola evidente partición dun proxecto de máis de 50MW (neste caso de 68,1 MW), en dous proxectos de menos potencia (Alvite, de 41MW en 12 aereoxeneradores; e Alvite II, de 27 en 6).
Afectación ao Camiño
O Parque tamén afecta directamente ao paso xalleiro do Camiño de Santiago a Fisterra-Muxía, supoñendo “un ataque frontal a un dos principais recursos turísticos do Concello de Santa Comba, así coma a anulación de calquera iniciativa privada de carácter hostaleiro ou hoteleiro asociada ao Camiño”.
Ademais, o Concello encargou un estudo arqueolóxico e patrimonial da zona, que reitera con múltiples argumentos (referidos a mámoas, castros e incluso ao campamento romano do Cornado, en Negreira) que o estudo de impacto ambiental presentado pola empresa presenta numerosas eivas.