Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Concello de Santa Comba chega a un acordo con Greenalia

Maria pose e Bea Mato
Beatriz Mato (á dereita) xunto a María Pose (no centro)
O Concello de Santa Comba chega a un acordo con Greenalia

A ex política do Partido Popular Beatriz Mato, dende hai varios anos, directora de Sustentabilidade e Desenvolvemento Corporativo de Greenalia, vén de chegar a un acordo coa alcaldesa de Santa Comba, María Pose, para “a posta en marcha dun plan de actividades dirixidas a distintos colectivos residentes no rural, especialmente destinado a persoas de maior idade”.

A idea é crear programa completo de talleres e actividades e núcleos rurais que se atopan máis afastados do centro urbano. Unha iniciativa “especialmente dirixida a activar a psicomotricidade, así como as destrezas manuais e cognitivas”.

A empresa asegura que conta con 52 MW de enerxía eólica en operación, aos que se sumarán proximamente tres novos parques eólicos (Campelo, Bustelo e Monte Tourado) cun total de 110 MW, en fase de construción.

Comentarios