ADEGA e O FDJCC presentan recursos ante o TSXG contra o megaproxecto eólico de Campelo, Bustelo e Monte Toural

Xa o ten denunciado pblicamente en innumebrales ocasións dende que aló por 2018 saía á luz a posta en marcha dos prxxectos eólicos de Bustelo, Campelo e Monte Toural. 3 proxectos promovidos por Greenalia, a empresa da ex-conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e que foron aprobados recentemente pola Xunta, a pesar de ser “paradigma de fragmentación ambiental e que afectan gravemente a zonas propostas na ampliación da Rede Natura 2000 de Galiza e a especies endémicas únicas en Europa”.
Así o entende ADEGA, que vén de presentar sendos contenciosos administrativos ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, “os primeiros que se presentan en Galicia con cargo ao Fondo para a Defensa Xurídica da Cordilleira Cantábrica, entre cuxas entidades promotoras se atopa ADEGA, e que recadou a través de micromecenado ou crowfunding case 50.000 euros para as accións legais contra a invasión eólica nos territorios da Cordilleira Cantábrica”.
Neste caso, e despois de que entidades como Petón do Lobo xa presentase ata 3 contenciosos, ADEGA e FDXCC denuncian o caso do megaproxecto convertido en 3 (comparten accesos, liñas de evacuación e estación transformadora), que afecta aos concellos de Coristanco, Santa Comba, Carballo e Tordoia. Un deses megaproxectos que o Consello da Xunta declarou como “proxectos de interese especial”, categoría amparada na Lei 5/2017 de fomento da implantación de iniciativas empresariais, coñecida entre a sociedade como "Lei de depredación", e que lle permite unha tramitación prioritaria e a redución á metade dos prazos de instrución, alén de que automaticamente prevalece a utilidade pública dos parques eólicos sobre calquera outra.
A chave do recurso é a “fragmentación artificiosa dunha única instalación ou central eólica despezada en tres proxectos para non superaren individualmente os 50 MW e seren tramitados pola Xunta”, evitando pasar os controis do Gobermo central. “É unha manobra fraudulenta da que a Xunta é cómplice e que prexudica o interese público e mesmo os intereses particulares”, denuncia a ADEGA, que lamenta a falta de información pública por parte de empresas e administracións.
A denuncia lembra ademais a directa afectación á Lagoa de Alcaián, e as especies endémicas que ao seu arredor medran, como son as especies en perigo de extinción Centaurea ultreiae e Euphorbia polygalifolia Welw. ExBoiss)”
Máis información sobre P.E. Campelo, Bustelo e Monte Toural:
- Xaneiro 21: A DIA do Campelo recoñece que os do Campelo, Bustelo e Toural son un só proxecto eólico.
- Novembro 19: Santa Comba vestiuse de negro contra o “megaparque” eólico de Bustelo, Campelo e Toural.
- Xullo 18: ADEGA denuncia a tramitación fraudulenta e a ameaza á flora endémica dos parques eólicos de Bustelo, Campelo e Monte Toural.
Novas sobre eólicos
- Xaneiro 21: “Deixámoslle claro que nos opoñemos totalmente a este parque eólico”:
- P.E. Braña Ancha: Un novo proxecto en Santa Comba.
- P.E. Portochán: A veciñanza xalleira mobilízase ante outro megaproxecto fragmentado ilegalmente.
- O Concello de Mazaricos confía en que a Xunta non aprobará os parques eólicos A Picota I e II.
- Petón do Lobo analiza con especialistas a problemática dos eólicos.
- O Consello da Cultura Galega tamén solicita a revisión do Plan Sectorial Eólico cun informe
- 14-12-2021: A Xunta confirma que o 30% de Galicia quedará afectada polos eólicos.
- 11-12-21: Coristanco e o Monte Pindo berraron o "Eólicos Así NON”.
- 05-12-21: O rural sae á rúa en Sta Comba contra a invasión eólica.
- INFORME: O novo impulso eólico propón máis de 40 novos proxectos na Costa da Morte.
- Xunta e Estado tramitan, actualmente, a chegada de 22 parques eólicos e 164 aereoxeneradores só na Costa da Morte.
- Setembro 2021: A veciñanza da comarca, contra os macroélicos e as inclemencias do tempo.
- Setembro 2021: Santa Comba acolle o primeiro encontro intermunicipal sobre o modelo enerxético e o medio rural .