P.E. Alvite: Rodeado de 791 aereoxeneradores

Segue publicado o DOG semana tras semana novos proxectos eólicos na nosa comarca. Desta volta falamos do Parque Eólico de Alvite, que afecta a Mazaricos, Santa Comba e Negreira. Serán dúas fases as que promove a empresa Green Capital Power, co 12 aerexeneradores (de 200 metros de altura, como un rañaceo de 50 pisos) na primeira e outros 6 no proxecto Alvite II.
Segundo a análise ambiental da Asociación Petón do Lobo, son varios os núcleos de poboación cercanos, pero sobre todo, sorprende a avaliación conxunta dos 10-20 km á redonda do propio parque. O informe recoñece que só nesa franxa hai 791 aerexeneradores rodeando o parque, situados nos concellos de Zas, Mazaricos, Santa Comba, Outes, Carnota e Dumbría.
Corredor ecolóxico
Unha das cousas que máis está estudando Petón do Lobo nos últimos meses é o feito de que a construción masiva de proxectos na nosa comarca provoca que non se garantice a existencia de corredores ecolóxicos, sobre todo para a avifauna.

NOVAS RELACIONADAS
- Galicia berrou contra a invasión eólica.
- Xan Fdez. Carrera: Recuperemos o Monte Neme.
- A lamentable batalla da Comunidade de Montes do Ézaro coas empresas eólicas... e a Xustiza.
- 4-12-2021: A Xunta confirma que o 30% de Galicia quedará afectada polos eólicos.
- INFORME: O novo impulso eólico propón máis de 40 novos proxectos na Costa da Morte.