Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Descubertos pola Garda Civil de Santa Comba dous pisos onde prantaban marihuana

Descubertos pola Garda Civil de Santa Comba dous pisos onde prantaban marihuana
Descuberta dous pisos onde prantaban marihuana en Santa Comba

A Garda Civil do Posto de Santa Comba, detivo a dous individuos, naturais de Ribeira, como presuntos autores dun delito contra a saúde pública e outro de defraudación de fluído eléctrico. Foi despois de descubrir dous pisos onde coidaban dúas prantacións de marihuana coa conexión eléctrica irregular.

Os feitos ocorreron a raíz das investigacións realizadas por efectivos da mencionada unidade, ante a trasfega de vehículos de diferentes marcas e modelos en dúas vivendas da súa demarcación. A Garda Civil realizou durante os últimos seis meses vixilancias esporádicas dos dous inmuebles en diferentes franxas horarias, constatando que en cada un deles moraba un dos detidos, aínda que se relacionaban diariamente entre si e que as vivendas presentaban unha conexión ilegal ao tendido eléctrico.

A Benemérita contactó coas empresas suministradoras de enerxía eléctrica, corroborando estas que as vivendas tiñan unha conexión irregular coa consiguiente defraudación no consumo eléctrico, sendo este moi elevado ao tratarse de domicilios e non de locais de uso industrial.

A Garda Civil solicitou autorización xudicial para o rexistro de ambos inmuebles, dado que todos os indicios sinalaban a posible comisión dun ilícito no seu interior.

Durante o rexistro a forza actuante localizou 325 plantas de marihuana cun peso de 7,750 kilogramos na primeira das vivendas e 188 na segunda cun peso de 5,550 quilos, constatando que o interior de ambos inmuebles estaba acondicionado para a optimización do crecemento das plantas, contando para iso con sistemas de rego automático e manual, dispositivos eléctricos, bombas de aire, ventiladores, equipos de iluminación especiais, paredes illadas, así como todo tipo de nutrientes, pesticidas e funxicidas.

Os detidos, xunto cos efectos incautados, foron postos a disposición do Xulgado de Instrución Número 1 de Negreira.

Novas relacionadas

Comentarios