Falece un ciclista atropelado por unha ambulancia en Fontecada

20:37 21/12/23
Un ciclista morreu na tarde deste xoves ao ser atropelado por unha ambulancia cando circulaba polo municipio coruñés de Santa Comba. O atropelo ocorreu pasados uns minutos das 15,00 horas na AC-546, entre os quilómetros 13 e 14, en Fontecada.
Foi unha ambulancia, que estaba en servizo e que levaba a unha persoa, a que arroiaba ao ciclista.
Debido ao golpe, o vehículo sanitario quedou ladeado nunha cuneta, aínda que o paciente que trasladaba non parecía sufrir danos.
A central do 112 informou os feitos a Urxencias Sanitarias-061, aos bombeiros de Santa Comba, á Garda Civil, á Policía Local e a Protección Civil.