Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os Feros Corvos do Batallón Literario volven en forma de Antoloxía

Feros Corvos Antoloxia Batallon Literario da Costa da Morte
Os Feros Corvos do Batallón Literario volven en forma de Antoloxía

Presentado o pasado mes de decembro no Parador, co gallo do recital conxunto que reunía, 25 anos despois da súa creación, a moitos dos membros do Batallón Literario da Costa da Morte, o libro “Feros Corvos” volve á actualidade. Este sábado 10 de setembro, ás 13:00h na Casa da Cultura de Santa Comba, e no marco do Festival “Feros Corvos”, a crítica literaria Teresa Seara impartirá unha charla baixo sobre o libro homónimo que ela mesma artellou.

O festival xalleiro colle o nome daquel boletín «Feros Corvos» e está realizando unha marea de actividades, como o recital de Manuel Rivas este domingo ás 18:00h na vivenda sociocomunitaria.

Pero a sesión sabatina centrarase nesta antoloxía publicada, e á venda, por Chan da Pólvora Editora. sobre o “fugaz pero feroz movemento, polo que pasaron ata corenta poetas e que se converteu nun dos colectivos referenciais da acción poética en Galicia a finais do pasado século”.

Atoparemos poemas de María Lado, Estevo Creus, Rafa Vilar, Xandra Tedín, Mónica Góñez, Miro Villar, Paco Souto, Modesto Fraga, Alexandre Nerium, Tomás Lijó, María Xosé Canitrot, Pilar Beiro, Abel Mendes, Serxio Iglesias, Marilar Aleixandre, Suso Bahamonde, María Canosa ou Xaime Trillo, algúns dos poetas deste grupo poético que naceu en Cee en maio de 1996.

Novas do Batallón

Comentarios