Graves problemas de persoal no CEIP Pepe de Xan Baña para comezar o curso con normalidade

Seguimos recollendo incidencias neste comezo de curso nos centros de ensino da comarca. Xa temos pasado por Camariñas, Ponteceso, Fisterra, Coristanco, A Laracha, Mazaricos… Hoxe achegámonos a Santa Comba, para visitar o pequeno CEIP Pepe de Xan Baña.
Alí, a Directora, a xalleira Nuria Toja García, está realizando agora mesmo labores de titora da única unidade de Educación Infantil (con 19 alumn@s de 3, 4 e 5 anos); de Directora; de Xefa de Estudos, e mesmo de Secretaria, unha vez que a Xunta vén de eliminar a praza de Secretario.
De feito, o ata esta semana Secretario, tamén profe de música, recibiu o seu cese o 10 de setembro, pero con data efectiva o 31 de agosto, polo que estivo 10 días traballando de Secretario sen cobrar.
Dende o centro lamentan que ademais deste novo recorte, a Xunta non manteña as condicións do ano pasado, cando por mor da pandemia si que se desdoblou a unidade de Infantil. “Este ano xa non a desdoblan. Parece que xa está olvidado a pesar de que os protocolos son os mesmos, segue habendo mascarillas, grupos burbullas… o único que cambia é que a distancia de separación pasa de 1,5 metros a 1,2”… bromea.
Saben ben as familias primeirizas que todo se complica a comezos de curso co período de adaptación (os 15 días que os alumn@s de 4ª de Infantil, os recén chegados ao cole, pasan só unhas horas no centro para “irse adaptando” aos poucos), época para a que tampouco recibiron ningún apoio.
Incidencias neste comezo de curso
- A Xunta só ofrece clases online para cursar unha troncal a 3 alum@s do IES de Ponteceso.
- As familias do CEIP Canosa-Rus critican a falta de prazas de comedor.
- O CEIP de Camelle non puido abrir as súas portas o primeiro día de curso.
- As ANPAS de Camariñas protestan pola problemática co transporte escolar, que deixa sen praza aos que estean a menos de 2km do centro.
- A Xunta recúa e non suprime a terceiar aula de Primaria no CEIP de Caión,.
- A concentración das familias do CEIP Areouta contra os recortes en imaxes<
- O peche do CEIP do Pino do Val, un novo recorte no ensino público