Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Investigan as causas do accidente acontecido en Santa Comba tras dar positivo o condutor

Investigan as causas do accidente acontecido en Santa Comba tras dar positivo o condutor

Este pasado domingo tiña lugar un grave accidente na AC-546, en Santa Comba, na AC-546. Dous mozos de 23 e 25 anos, volvían a casa pasadas as 3:00h cando sufrían unha saída de vía co seu Audi TT. O vehículo recorreu sen control uns 160 metros ata colisionar cunha glorieta deixando esparcido por toda a estrada restos de carrocería e motor.
O copiloto ficaba ferido de consideración polo que foi trasladado en ambulancia ao Hospital, despois da excarceración.

Os feitos alarmaron á Garda Civil de Corcubión, que dispuxo facerlles o control de alcolemia. O condutor deu 0.74mg/l en aire respirado (negativo na proba de drogas), o que demostrou que os rapaces estiveran bebendo alcol en pleno estado de alarma.

O Equipo de Atestados do Subsector de Trafico da Coruña desprazouse ao lugar para reconstruir os feitos e esclarecer as caisas do sinistro, e deu conta aos Xulgado de Instrución en funcións de Guarda de negreira.

Novas relacionadas

Comentarios