Limpan uns 19 quilómetros de varios ríos de Santa Comba gracias ao primeiro Plan de Limpeza Fluvial
O Concello de Santa Comba, e a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, están a executar actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos nos ríos Xallas, García, Guisande e en dous tramos do río Abuín ao seu paso polo concello de Santa Comba. Unhas actuacións para previr inundacións e enchentas e recuperar o bo curso das augas dos cauces dos ríos.
O Departamento de Turismo do Concello de Santa Comba, que encabeza a Concelleira e 1ª Tenente alcalde, realizou un completo plan de Limpeza Fluvial, a primeira vez que se fai no Concello.
Os traballos desenvólvense en treitos que suman unha lonxitude total que supera os 18,6 quilómetros. As tarefas céntranse na retirada de árbores e pólas caídas na canle, así como madeira morta para evitar atoamentos.
Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.