Lucas Torreira, desde hoxe, sangue xalleiro no corazón do Atlético de Madrid e da selección de Uruguai.

Por suposto que aos amantes do fútbol non nos sorprenden os apelidos con claro arrecendo galego na selección máis singular do panorama futbolístico mundial, a de Uruguai. Un país de pouco máis de 3 millóns de habitantes, 2 veces campiona do mundo, máis de 15 veces campiona de América (mérito máis que importante na decana das competicións de seleccións, litigando con trasatlánticos do balompé como Arxentina e Brasil), e que ao bo afeccionado sempre lle traslada ao compromiso, a garra, e fe inquebrantable pola vitoria, aderezada pola calidade diferencial dos futbolistas criados na rúa do fútbol.
Si repasamos apelidos, aparecen un Varela (Obdulio), capitán e xefe do Maracanazo celeste, que non podería negar que os seus descendentes viñeron da esquina máis bonita da península ibérica (o seu nome completo era Obdulio Jacinto Muiños Varela); e así, a voa pluma, Maxi Pereira, Gastón Pereiro, Nico Lodeiro ou o médico Alberto Pan Montáns, fillo de malpicáns de Buño e Leiloio, entre os máis recentes; pero tamén na Uruguai Campeona Mundial 1930 xogaban un Andrade e un Cea... que seguro que de Burgos non eran.
Como a curiosidade matou ó gato, levaba tempo pensando nun xogador uruguayo, Lucas Torreira, mediocentro da selección no pasado mundial de Rusia ex-xogador do Arsenal londinense e da Sampdoria italiana, e novo xogador do Atlético de Madrid desde a pasada noite.
🔴⚪ #BienvenidoTorreira 🇺🇾
— Atlético de Madrid (@Atleti) October 5, 2020
Acuerdo con el @Arsenal para la cesión de @LTorreira34 hasta final de temporada.
🏧 #AúpaAtleti pic.twitter.com/basRKtXwpA
E, para que digan que as conversas do café matinal non teñen trascendencia, fai un tempo, o amigo Juan Jose García Noya, outro deses que a cabeza non lle para para falar de deporte, me soltaba a lebre da orixe xalleira de Lucas Torreira.
Pois si, xa me daba na alma que ese tiña que ter sangue da Terra do Xallas.
A historia do seu avó, natural da parroquia de Ser (pequena, pero de gran corazón, como o mediocentro), como a da meirande parte dos emigrantes galegos da metade do século pasado, é unha demostración de traballo e sacrificio. En plena postguerra, marchou de Santa Comba para Bos Aires. Cruzou o Río da Plata, ese que une máis que separa Arxentina de Uruguai, para casar en Fray Brentos, preto de Montevideo.O seu pai, relator deportivo en varios medios uruguaios, intentou que os seus fillos se dedicaran ao fútbol, pero a escaseza era protagonista, e só conseguiu manter a Lucas na capital para xogar no Wanderers da quinta división uruguaia. En xuvenís Lucas firmou o seu primeiro contrato, que lle servía para manter o alugueiro, e pronto marchou a Italia a xogar co Pescara un mundialito xuvenil. Un ano despois, con 18 anos, fíxose un oco no primeiro equipo na Serie B, e foi cando retrasou a súa posición, de mediapunta a mediocentro máis defensivo. Comezou a cobrar algo mellor, despois de anos pelexando, pero pronto chegou o premio de fichar pola Sampdoria. O 2018, con 22 anos, foi un ano fundamental, pois ademais convertirse nun fixo da Selección Uruguaia, ficha polo Arsenal. En 2020 dá o salto á Liga Española co Atlético de Madrid.
Quédame pendiente unha grata conversa con esa enciclopedia vital andante, don José Carlos Torreira Mouro, mestre de toda a vida do meu colexio Barrié, cando as circunstancias o permitan.
Para acabar, seguro que desde fai tempo desde o ceo, un amigo, tamén Torreira de nome familiar, estaría pensando o mesmo ca min: ese Torreira uruguaio valía ben para o noso Atleti…
- José Manuel Vázquez Rodríguez, "Huelvis".
Artigos relacionados
- Manuel Suárez Suárez: Maracanaço