Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Manuel Valcárcel leva a súa exposición fotográfica sobre a Auga ata Santa Comba

auga_o_sangue_da_terra_imagen___maxwidth
Manuel Valcárcel leva a súa exposición fotográfica sobre a Auga ata Santa Comba

Despois de pasar por diversos concellos da xeografía galega como Tui, Ribadavia, A Estrada, Ordes, Foz, ou Fisterra, a selección fotográfica de Manuel Valcárce, « Auga. Ou sangue dá terra», recala agora no Museo Terra do Xallas de Santa Comba. A mostra inaugurarase nun acto aberto á veciñanza o vindeiro mércores 9 de outubro ás 20:00h. Estará aberta diariamente ata o 3 de novembro

Neste proxecto fotográfico, Valcárcel quere concienciar á poboación sobre a importancia do uso racional e responsable da auga. Para conseguir estas impactantes imaxes viaxou a algúns dos recunchos máis remotos do planeta azul: Nova Zelandia, o río Ganges, as plantacións de arroz de China, Níxer ou o deserto de Atacama, así como á lucense conca do río Lor.

As imaxes da exposición distribúense en tres bloques: “Os estados da auga” recolle fotografías tomadas en Nova Zelandia e Galicia. 
“A auga e a vida” sitúa a mirada sobre Asia, en dous lugares diferentes. Un deles é Varanasi, Río Ganges, na India, onde a auga é algo máis que materia en calquera estado.
“Vivindo na escaseza” ocúpase da escaseza e a ausencia de auga. Para iso seleccionáronse outros dous lugares, un en África, concretamente en Malí e outro en América, en Chile.

Esta mostra encádrase dentro do proxecto Corrente Cultural, unha aposta de ABANCA e Afundación para difundir cultura por toda Galicia, polos diferentes municipios e contando coa súa colaboración, construíndo unha rede de calidade que leve novas propostas.

Exposicion de Manuel Valcarcel en Santa Comba

Comentarios