Mar de Fábula falará co mar nos coídos do Touriñán

Mentras exércitos de sendeiristas, inventan carreiros, nesa maxia dos trasnos e trasnas, comunicando os faros da nova costa do solpor. Con este abrente reverdecido na primaveira renacida neste verxel atlántico ollando os finisterres virxinais por camiños, endexamáis pisados, pola costeira máis fermosa e paradísiaca do noroeste peninsular, tamén debemos anotar na nosa axenda unha nova data, máxica e imprescindible, para citarnos co mar, Mar de Fábula e outros voluntarios, que xa teñen planificado ese encontro para falarlle a este océano noso e despois limpalo de refugallos e plásticos aló por Touriñán.
Dependendo das condicións meteorolóxicas teñen provisionalmente establecida unha “quedada” para o sábado 9 de abril as 11:00 aló no Cabo Touriñán onde, convocados por Xose Manuel Barros e Mar de Fábula, entre outros grupos, contarán ali con Viki Rivadulla e un batallón de poetas e cidadáns que falarán co mar nese “Encontro co mar e limpeza do coído de Touriñán” onde despois de dialogar co gran lago salgado, terá lugar, se o tempo llo permite, repito, esa limpeza dos coídos a uns dos mil metros do faro, onde os amantes da nosa beiramar limparán as rodelas desta paraxe virxinal onde, esta nova cita, vai a servir de concienciación do dano que toda a humanidade lle fai, tódolos días da vida, os mares todos do planeta. Esa contaminación multinacional chega a nosa costeira flotando nas fortes correntes mariñas do oeste e do norte que, con cada marea, vai cuspindo plásticos, especialmente, e toda clase de basura, que proceden principalmente das nosas propias rias e rios, pero tamén do corredor marítimo de Fisterra…. con eses miles de buques de tódalas bandeiras mundiais pasando a 21 millas da nosa terra, e vai agasallando, por desgraza, as nosas beiras mariñas con bidóns tóxicos e toda clase de porquerías, tamén aparecen outros obxectos de lugares moi lonxanos a Galicia que, grazas as fortes correntes e as tempestades, chegan flotando ata as nosas praias e coídos, contándonos todo tipo de historias impresionantes coa súa mera presencia nestas areas.
Ata crocodilos aparecen!!!!!
E debo, desta volta, darlles os meus parabéns aos trasnos e trasnas pola súa gran laboura que aposta forte por promocionar esta reconquistada terra antiga e feiticeira paraxe, que, con esas rutas a pé… unindo faros, conecta os camiñantes coa paisaxe que pisan e vai quedar para sempre nos corazóns e nas memorias vitais de cada camiñante. Tamén lles envio aqui os meus parabéns a Mar de Fábula e a ese exército de coidadores da nosa costeira que confirma a importancia do noso patrimonio natural en cada rebelión ecoloxista que difunde a nosa rexión e as súas paraxes mentres se recollen eses vertidos que emponzoñan os nosos litorais que, dende Carnota ata Caión, rexurde como un ave fénix resucitando aquela costa da morte que hoxe, grazas a todos vós, está máis viva que nunca.
Medre o mar e medre a nova Costa da Vida!!!!
- Óscar de Souto, pintor de follas en branco e autor de Trece Poemas.
Novas relacionadas
- Mar de Fábula recolle 560 bastonciños de algodón en cen metros de praia.
- Mar de Fábula e as mariscadoras recuperan a enseada da Basa
- Os voluntarios de Mar de Fábula curan a ferida plástica do Coído de Touriñán
Outros artigos de Óscar de Souto
- O verdadeiros donos da Casa Republicana do Concello de Cabana.
- Buscando tesouros na praia de Laxe.
- A morte da Costa da Morte.
- Todos fomos ese neno labrego de Neira Vilas.
- Unha de cal e unha de area.
- Obscenidade, sexo e poesía.
- O Raio Vermello de Dombate.
- #12do12ás12: Galicia…. en pé de guerra.
- Con Laxe no punto de mira.
- Esta nosa Costa do Solpor.
- Brúan as vacas en Fisterra.
- A maxia dos sons ocultos.
- Carta aos amigos da radio libre.
- A puta conciencia.
- O rescate das gafas vermellas.
- Os Emperadores do mundo.
- Turismo de cantimplora.
- Os lobos feroces.
- En Laxe… os meniños escoitan cisnes.
- O Día das Letras… sen letras.
- Agora que as nosas casas son as casas do mar.
- Sen corpo para festas.
- Os timadores da bombona.
- Porcos e pienso.
- Alén dos nosos mares atlánticos.
- Con rumbo a porto esperanza.
- Crónica dunha morte anunciada.
- De vacacións a Suiza.
- Os laboratorios do verso.
- As nosas Rosalías.
- Esa amante secreta de Eduardo Pondal.
- O Dolmen de Dombate e o raio vermello do Solsticio de inverno.
- A envexa dos anxos e das prumas.
- Antón Borrazás, apagouse a túa luz.
- A cousa de Dombate… a debate.
Novas relacionadas
- Nova poesía para as ondas de radiONeria e Radio Roncudo con Óscar de Souto.
- Cabaneses que espallan cultura.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).