Venres. 19.04.2024
El tiempo

A mineira de Varilongo: Diferente nome pero mesma estratexia

A mina de varilongo contamina
Imaxe da ocupación da mina por parte da veciñanza e Ecoloxistas en Acción o pasado mes de marzo
A mineira de Varilongo: Diferente nome pero mesma estratexia

Moita polémica leva xerando nos últimos ano o nome de Raffaela Resources, dende que en 2019 se fixera cargo da mina de Varilongo. Moitas promesas, moitos “faroles”, moitos impagos, ata un desaloxo dun eficio municipal… mancillaron un nome do que a empresa austrialiana se quere liberar.

De aí que a que se viña chamando Rafaella Resources pasa a chamarse Pivotal Metals Limited. No mes de novembro presentarase a nova marca en Londres durante o salón Mines and Money, xunto co proxecto de megaminaría a ceo aberto no Xallas, xusto cando pode perder definitivamente as concesións.

Segundo o colectivo Ecoloxistas en Acción, “en realidade, a compañía asumira a súa anterior denominación mediante unha estratexia denominada “back-door listing”, pola que un grupo de inversores compra unha empresa cotizada pero sen actividade, para fuxir dos requisitos dos reguladores bursátiles a novas empresas cotizadas. A manobra foi facilitada por Starboard Global Ltd., empresa con sede no paraíso fiscal das Illas Virxes Británicas e oficinas en Hong Kong, que mantén o control efectivo sobre tanto sobre Pivotal Metals como de EuroBattery Minerals”.
Esta última, formalmente sueca, está promovendo outra megamina a ceo aberto noutra parte das concesións caducadas de Santa Comba, no chamado proxecto Corcel, situado entre Castriz e Coristanco.

Desde Ecoloxistas en Acción e as plataformas veciñais que “se opoñen aos proxectos de minaría destructiva e contaminante en San Finx, Varilongo e Castriz, deixan claro que a mudanza de denominación non engana a ninguén, e que seguirán impulsando os procesos xudicias en curso e denunciando a actividade de Pivotal Metals en todas as instancias ata que se asuman e depuren as responsabilidades ambientais existentes”.

Novas relacionadas

Comentarios