OllarBlick, un espazo na rede nado da morriña para comprar produtos galegos
Da necesidade de facerse con pezas que nos fagan sentir coma na casa, desa morriña que só se ten cando se leva fóra da terra moito tempo, nace OllarBlick. Xosé Abelenda, apaixoado da poesía e da fotografía, e Teresa Álvarez, unen Suiza con Galicia para crear esta especie de tenda online que .
”A idea xurdiu a raíz das nosas vivenzas como fillos de emigrantes, e ó sentido de pertenencia que temos á Comunidade Autónoma de Galicia e ó país Helvético”, explican. “Residimos durante distintas épocas da nosa vida nos dous países, e sentímonos parte helvéticos e parte galegos, tanto cultural como socialmente. Esta ligazón foi a que creou non só o proxecto, senón tamén unha grande amizade”.
O nome do proxecto xurdiu da palabra MIRAR, (ollar en galego e blick en alemán), intentando aunar o término helvético e galego. Iniciando a unión de ambas zonas xeográficas coa súa denominación.
Teresa é apaixoada da artesanía, con outro proxecto en paralelo “Las Telitas de Teresa” e que leva a cabo a súa actividade profesional na Área de Telecomunicacións, na Universidade de Santiago de Compostela. Agora, tras un ano xa promovendo artigos na rede, (tazas, camisetas, bolsos, paraguas… ata poemas), danlle este impulso.