A París de Noia prende o Nadal este mércores das 17 parroquias de Santa Comba
E para festexar este comezo do Nadal nada mellor que unha festa adicada á xuventude. Aproveitando que este mécores é véspera de festivo, quenes queiran pasar unha noite divertida teñen a obriga de achegarse a Santa Comba, en onde ademais de mesturarse co seu magnífico ambiente nocturno poderán bailar ó son do ritmo da
orquesta París de Noia e da disco móvil de CDC.
O Concello non quere deixar pasar a ocasión de felicitar de xeito institucional o Nadal a todos os veciños. E para facelo botará man da postal gañadora do concurso escolar, que é obra de Pedro Negreira Martínez, alumno no CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza e que representou unha vaca que derrocha alegría e algunhas das verbas que estas festas despertan neste rapaz, que recollerá o seu agasallo co resto de premiados o próximo domingo, día 18 de decembro, a partir das seis da tarde no auditorio do edificio multiusos. Nesa mesma gala o grupo de teatro Ghazafelhos representará a obra titulada ‘Bon apetit’.
Son os nenos os que protagonizan gran parte da programación de Nadal. E de feito converteranse en protagonistas os días 21, 22 e 23 de decembro coa vista de Papá Noel a todos os centros educativos do municipio en coordinación cos colexios.
E o día da Lotería, o 22 de decembro, será tamén unha data especial para moitos rapaces de Santa Comba porque regresa ó Campo da Feira a pista de xeo que desta volta permanecerá na capital xalleira ata o 8 de xaneiro abrindo todos os días en horario de mañá e tarde. É unha das actividades que goza de maior aceptación entre a mocidade.
Ademais, o venres, 23 de xaneiro, un dia despois de abrir a pista de xeo, Peter Punk Pallaso actuará a partir das seis da tarde no auditorio do edificio multiusos ofrecendo a obra titulada ‘Peor imposible’.
E mentras remata un ano e comeza outro, vai ter lugar o ciclo Cine no Nadal coa proxección de tres películas actuales no auditorio do edificio multiusos en datas aínda por determinar. Os títulos, ideais para a rapazada, que chegan a Santa Comba son ‘Navidad en la granja’, ‘Klaus’ e ‘Crónicas de Navidad’, que se poderán ver os días 23 e 29 de decembro e o 4 de xaneiro ás cinco da tarde no auditorio do edificio multiusos.
E así chegará o día da Cabalgata. O 5 de xaneiro é o día máis especial do ano para os xalleiros. As rúas vístense
de festa e respiran un ambiente moi especial no que as vestimentas dos paxes e as grandes carrozas mestúranse coa música neste caso de Faiscas da Pontagra, que desde as seis da tarde xa ofrece o seu espectáculo titulado ‘Longarela’ no Campo da Feira.
E para rematar a programación quedará o turno de pechar a pista de xeo, nada mellor que a actuación dos Bolechas. O 8 de xaneiro, a partir das 17:30 tarde, representarán no auditorio do edificio multiusos a
obra ‘Xira do Nadal’.