Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Pesar en Santa Comba polo pasamento de Severino Amarelle

Pesar en Santa Comba polo pasamento de Severino Amarelle

Consternación en Santa Comba, e no mundo do fútbol sala feminino de toda a provincia, polo pasamento de Severino Amarelle. A pesar de ser coñecido que levaba varios anos arrastrando unha grave enfermidade o seu falecemento causou sorpresa porque a mesma non lle provocou deterioro físico, non mermou a súa vitalidade, mantívose activo ata o último día e non deixou de seguir os seus equipos de fútbol sala.

O responsable do Viaxes Amarelle deixa un legado incalculable, en materia social, deportiva, empresarial e mesmo política.

Severino xogador do Xallas cando o equipo estaba sin federar e cando nen sequera había ligas oficiais. Posteriormente foi un dos seus directivos históricos cando comenzou a súa actividade unha vez federado.

Xallas FC 1958
Plantilla do Xallas asinada polos xogadores sin federar en 1958. Severino Amarelle de pé terceiro pola dereira De pe de esquerda a dereita  (1) Un de San Cristobal, (2) Che do Gaiteiro,  (3) Ricardo Carracedo, (4) Manolo Graseiro, (5) Severino Amarelle, (6) Pajarito, (7) Paco  Romar (Relojeria).
Agochados de esquerda a  dereita: (1) Pintinho, (2) Pepe da Croca, (3) Moncho de Raso, (4) Carlos do Pardelo

Severino Amarelle en 1978
Severino Amarelle o 10 de Setembro de 1978, fai casi exactamente 43 anos, na homenaxe o seu irmán Manolo Amarelle, histórico porteiro da Liga da Costa nas filas do Xallas.

Amarelle FS
Severino Amarelle de pé primeiro pola dereita en 1984 co mítico equipo de fútbol sala Deportes Amarelle no Campionato de Liga  nos Salesianos na Coruña. De pe de esquerda a dereita: Rubio, Mestre, Manolo Amarelle, Evaristo e Severino Amarelle. Agochados de esquerda a dereita: Carducho de Capeans, Carteiro e Framil

Foi un gran amante do motor e introduxo en Santa Comba varias especialidades que posteriormente tiveron moito éxito. Nos anos 80 organizou as primeiras xincanas automobilísticas no campo da feira e xa trouxo circuitos de kars portátiles para disfrute dos nenos. Posteriormente organizou varias edicións do Campionato Galego de Motocross chegando o cumio coa organización do Campionato de España en 1989.

Todas estas actividades concentrábaas dentro do programa das festas locais, sobre todo das de San Cristobal (Patrón dos Automobilistas). Festas nas que el estaba á fronte e que durante a súa organización aínda hoxe en día se recordan como as máis grandes realizadas no municipio, en onde traía as mellores orquestras da época como os Players, Los Satélites, Sintonía de Vigo e incluso formacións estranxeiras de mariachis. Dentro do programa das mesmas ademais das probas deportivas tamén incluiu en varias ocasións corridas de touros con plazas portátiles cando, salvo en San Marcos de Noia, nunca se vira tal cousa por estos lares.

Hoxendía a Cabalgata de Reis de Santa Comba é un referente na provincia e principal manifestación festivo-cultural do municipio concentrando a miles de personas. Esta actividade tamén partiu da iniciativa do propio Severino que a ideou e organizou directamente ata que na segunda parte dos anos 80 asumiu a súa organización o concello. De feito, nos primeiros anos tiña saída e chegada no seu taller de neumáticos.

No sector profesional foi xerente da empresa familiar Autocares Amarelle, que no seu momento nacera co nome de Romarelle, pola sociedade que tivera con outra empresa local do sector Autos Romar, hoxe desaparecida. Tamén rexentou un moderno taller, para a época, de lavado e reumáticos, Neumáticos Amarelle, que xa na época daba servizo a camións e autobuses.

Posteriormente creou Viaxes Amarelle que aínda segue en funcionamento hoxendía.

Foi pionero no fútbol sala femenino, que baixo o patrocinio da súa propia empresa de viaxes, participou en todas as categorías rexionais e nacionais, chegando a formar parte da élite nacional.

Severino Amarelle con Uc ha Velo
Severino con Ucha Velo, como membros do PSOE

Tamén fixo os seus pinitos na política sendo un histórico do socialismo local, ata tal punto que dende 1983 ata o 2010 case non se recorda unha lista socialista na que non estivera Severino, aínda que fora pechándoa. O seu maior protagonismo político tivo nos comenzos da democracia, cando foi cabeza de lista e formou parte de varias corporacións municipais.

O concello recoñeceu pública e personalmente a súa laboura nunha das galas do deporte no apartado “Toda unha vida”. Aínda que posteriormente tivo outros recoñecementos polos éxitos do equipo de fútbol sala feminino.

Novas relacionadas

Comentarios